Guillerme IV de Orange-Nassau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guillerme IV de Orange-Nassau
Willem IV van Oranje-Nassau
Príncipe de Orange
Estatúder das Provincias Unidas
PredecesorXoán Guillerme Friso de Orange-Nassau
SucesorGuillerme V de Orange-Nassau

ReinadoFilipe V de España
Nome completoWillem IV Carel Hendrik Friso van Oranje-Nassau
Nacemento1 de setembro de 1711
Leeuwarden, Provincias Unidas dos Países Baixos
Falecemento22 de outubro de 1751 (40 anos)
A Haia, Provincias Unidas dos Países Baixos
Casa realCasa de Orange-Nassau
ProxenitoresXoán Guillerme Friso de Orange-Nassau
María Luísa de Hesse-Kassel

Escudo de Guillerme IV de Orange-Nassau
Na rede
WikiTree: Van_Oranje-Nassau-33 Find a Grave: 10294 Editar o valor em Wikidata

Guillerme IV de Orange-Nassau (en neerlandés: Willem IV van Oranje-Nassau), nado o 1 de setembro de 1711 na localidade frisoa de Leeuwarden e finado o 22 de outubro de 1751 na cidade surholandesa da Haia, foi o segundo membro da casa de Orange-Nassau que ostentou o título de príncipe de Orange e o primeiro deles que herdou a condición de estatúder en toda a República das Provincias Unidas, nos actuais Países Baixos.[1]

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

Retrato de Ana de Hannover, esposa de Guillerme IV, obra de Johann Valentin Tischbein (1753)

Guillerme IV foi un dos fillos do matrimonio entre Xoán Guillerme Friso de Orange-Nassau (1687-1711), príncipe de Nassau-Dietz e príncipe de Orange, conde de Katzenelnbogen, estatúder de Frisia e de Groninga e almirante das Provincias Unidas, e María Luísa de Hesse-Kassel (1688-1765).

O 25 de marzo de 1734 casou en Londres con Ana de Hannover (1709-1759), filla de Xurxo II, rei de Gran Bretaña e de Irlanda. O matrimonio tivo seis fillos, dos cales o primoxénito varón e as dúas fillas seguintes naceron mortos, ademais doutra filla falecida ao mes de nacer. A súa filla máis vella supervivente, Carolina, casou en 1760 co seu primo distante Carlos de Nassau-Weilbourg. O menor de todos os fillos, e único varón vivo, Guillerme Bátavo, naceu, xa que logo, coa condición de herdeiro presuntivo.[2]

Descendencia[editar | editar a fonte]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1739, Guillerme IV herdou os dominios anteriormente detentados pola liña de Nassau-Dillenbourg, e en 1743 herdou as posesións dos Nassau-Siegen.

Con ánimoo de acougo con respecto ás liortas internas entre as diversas faccións, en 1747 o Parlamento dos Países Baixos nomeou a Guillerme IV de Orange-Nassau como titular xeral hereditario de cada unha das sete provincias (Utrecht, Holanda, Frisia, Groninga, Zelandia, Drenthe e Overijssel).

Foi nesa conxuntura cando Guillerme IV e a súa familia abandonaron Leeuwarden para se establecer definitivamente na Haia.

Malia a súa inexperiencia en asuntos de Estado, Guillerme IV de Orange-Nassau acadou unha certa popularidade entre os seus súbditos, entre outras cousas porque detivo a práctica dos impostos indirectos, co que os comerciantes incrementaron notablemente as súas ganancias. No entanto, a súa política económica e o seu papel como director xeral da Compañía Holandesa das Indias Orientais fixeron aumentar a desigualdade que existía entre as clases ricas e as máis desfavorecidas.

A súa acción de goberno como estatúder das sete provincias estivo marcada pola vacilación e a falta de determinación das súas empresas. Guillerme IV estivo especialmente preocupado, estreitamente asesorado por Willem Bentinck,  pola restauración das funcións do estatúder logo do segundo período sen esta figura de goberno, que caracterizou a vida política da República a principios do século XVIII.[3]

Guillerme IV de Orange-Nassau faleceu en 1751 e os seus restos descansan na cripta real da familia Orange-Nassau na Igrexa Nova de Delft.[4]

Títulos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Willem IV van Oranje-Nassau (1711-1751)". En Absolutefacts.nl (en neerlandés)
  2. Xenealoxía de Guillerme IV de Orange-Nassau. En Geneanet.org (en castelán)
  3. "Whilliam IV Prince of Orange and Nassau". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)
  4. "Cripta Real Arquivado 13 de decembro de 2017 en Wayback Machine.". Na web oficial da Igrexa Nova (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Herbert H. Rowen. The Princes of Orange: The Stadholders in the Dutch Republic. Cambridge, Cambridge University Press, 1988. [ISBN 978-0-52134-525-5] (en inglés)
  • Israel, Jonathan I. The Dutch Republic: Its Rise, Greatness, and Fall 1477-1806, 1998. [ISBN 978-0-19820-734-4] (en inglés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]