Grasulfo de Friúl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grasulfo de Friúl
Nacementoséculo Vxuliano
Falecemento590
Ocupaciónaristócrata
PaiAudoíno de Lombardía
NaiRodelinda
FillosXisulfo I de Friúl
IrmánsAlboíno
Na rede
WikiTree: Di_Lombardia-22
editar datos en Wikidata ]

Grasulfo I, finado despois de 571, foi irmán de Alboíno, o primeiro rei longobardo de Italia, e posibelmente o primeiro duque de Friúl. O fillo de Grasulfo, Xisulfo, é o outro candidato a ser considerado o primeiro duque de Friúl.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paulo Diácono cita a Xisulfo, pero algúns estudosos prefiren a Grasulfo baseándose nunha carta diplomática na que aparece mencionado como duque. Esta carta escribiuna Gogo, mordomo de palacio franco de Austrasia so Sixeberto I e Khildeberto II, nalgún momento entre o ascenso ao poder de Gogo en 571 e a súa morte en 581. Desgraciadamente non está datada nin menciona o rei ao que servía daquela. Tradicionalmente é datada aproximadamente no ano da morte de Gogo (581), pero unha solución alternativa proposta por Walter Goffart sitúaa entre 571 e 572 no momento da embaixada que Sixeberto enviou unha embaixada a Constantinopla. Na carta Gogo constrinxe a Grasulfo a se aliar cos francos para expulsar aos infestantes (presumibelmente os longobardos) de Italia en coalición co Imperio Bizantino e o Papado. Os embaixadores estaban agardando en Austrasia pola resposta de Grasulfo no caso de que el quixese aprazar a súa resposta ao emperador.

Mentres que se descoñece a situación exacta da sede do poder de Grasulfo, se de feito reinou, a carta de Gogo pon en evidencia que a "corte friulana" era quen de manexar sofisticada correspondencia imperial menos dunha década despois da chegada dos longobardos a chan italiano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bachrach, Bernard S. The Anatomy of a Little War: A Diplomatic and Military History of the Gundovald Affair (568–586). Boulder, CO: Westview Press, 1994.
  • Everett, Nicholas. Literacy in Lombard Italy, c. 568–774. Cambridge: Cambridge University Press, 2003. ISBN 0-521-81905-9.
  • Nelson, Janet L. "Queens as Jezebels: Brunhild and Balthild in Merovingian History." Medieval Women: Essays Dedicated and Presented to Professor Rosalind M. T. Hill, ed. D. Baker. Studies in Church History: Subsidia, vol. 1 (Oxford: Blackwell, 1978), pp. 31–77. Reprinted in Politics and Ritual in Early Medieval Europe. Londres: Hambledon Press, 1986. ISBN 0-907628-59-1.