Grao militar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diferenzas nos distintivos de oficiais e suboficiais militares

O grao militar ou rango militar, tamén chamado simplemente grao,[1] ou rango[2] é un sistema xerárquico para estabelecer a escala de mando que se usa en forzas armadas, forzas policiais e outras organizacións armadas ou uniformadas.

Os rangos represéntanse de forma visual mediante divisas/insignias e galóns no uniforme, normalmente mediante pezas de tea cosidas aos ombreiros, as mangas ou o peito.

O uso de rangos nas forzas armadas é practicamente universal. Organizacións como o Exército Popular de Liberación da República Popular da China (1965-1988), o exército de Albania (1966-1991) e o Exército Vermello da extinta Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (1918-1992) son exemplos de forzas armadas que no seu día aboliron o sistema de rangos, aínda que se viron forzadas a reinstaurarlo posteriormente tras atoparse con problemas operacionais de mando e control.[3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para grao.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rango.
  3. China's Upcoming Leadership Changes and the PLA (en inglés)
  4. A Country Study: Albania (en inglés)
  5. Rosignoli, Guido (1984).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]