Grande incendio de Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os fachos de Nerón, por Henryk Siemiradzki. Segundo Tácito, Nerón sinalou os cristiáns como os culpables do lume.

O grande incendio de Roma foi un gran lume urbano que se produciu en Roma no ano 64. Causou unha gran devastación durante seis días antes de ser controlado. Diferentes fontes acusaron o emperador Nerón de iniciar o lume, mentres que outras afirman que organizou medidas para contelo e prestar axuda ós refuxiados. De acordo con Tácito e posteriormente os cristiáns, Nerón acusou da devastación á comunidade cristiá da cidade, producíndose a primeira persecución contra os cristiáns.[1] Porén, esta teoría non é apoiada por tódolos estudosos modernos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dando-Collins, Stephen (setembro de 2010). The Great Fire of Rome. Da Capo Press. ISBN 978-0-306-81890-5. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2014. Consultado o 22 de setembro de 2017.