Gran Premio dos Estados Unidos de 1979

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Estados Unidos de 1979
Detalles da carreira
Carreira 15 de 15 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1979.
Trazado do circuíto de Watkins Glen
Trazado do circuíto de Watkins Glen
Data 7 de outubro 1979
Nome oficial XXII Toyota United States Grand Prix
Localización Circuíto de Watkins Glen
Watkins Glen, Nova York, Estados Unidos
Percorrido Circuíto permanente
5´435 km
Distancia 59 voltas, 320´670 km
ClimaChoiva con temperaturas máximas de (15 °C) velocidade do vento de ata 24 km/h[1]
Pole position
Piloto Australia Alan Jones Williams-Ford
Tempo 1:35.615
Volta rápida
Piloto Nelson Piquet Brabham-Ford
Tempo 1:40.054 na volta 51
Podio
Primeiro Gilles Villeneuve Ferrari
Segundo Francia René Arnoux Renault
Terceiro Francia Didier Pironi Tyrrell-Ford

O Gran Premio dos Estados Unidos de 1979 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 7 de outubro de 1979 no circuíto de Watkins Glen de Watkins Glen, Nova York. Foi a 16ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1979, e o 29º Gran Premio dos Estados Unidos desde o primeiro Gran Premio de América que se celebrou en 1908 e a 22º desde o primeiro Gran Premio dos Estados Unidos en Riverside de 1958. Esta carreira tamén se coñece como o GP do leste dos Estados Unidos co fin de distinguila do Gran Premio do oeste dos Estados Unidos, celebrada o 8 de abril de 1979 en Long Beach (California).

Esta foi a última carreira de Fórmula Un para o subcampión de 1969 e 1970 Jacky Ickx e o expiloto de Brabham Hans-Joachim Stuck.

Resumo da Carreira[editar | editar a fonte]

Cando os equipos chegaron a Watkins Glen para a última carreira da tempada 1979, Jody Scheckter e Ferrari xa aseguraran os campionatos do pilotos e de construtores. Sería o único título do surafricano. Pero o espectáculo, deuno, o seu compañeiro de equipo canadense, o lendario Gilles Villeneuve. El paseou á vitoria cunha cómoda vantaxe na pista mollada, e levouse o segundo lugar no campionato.

O venres, a choiva foi o suficientemente forte todo o día para que só uns poucos coches sairon á pista, e ningún fixo un intento serio de marcar un tempo de volta. Dos seis que marcaron tempo, Villeneuve foi o máis rápido por máis de nove segundos. Scheckter, o segundo máis rápido, pensou que estaba tolo, pero tamén quedou bastante asombrado da actuación do canadense nesas condicións.

O sábado amañeceu brillante e asollado. Alan Jones encabezou os tempos no seu Williams durante toda a sesión, rebaixando os tempos de todos os demais perseguidores. Terminou 1´3 segundos máis rápido que o Brabham do brasileiro Nelson Piquet, quen logrou situarse na primeira fila na súa primeira participación en Watkins Glen. O novo Campión do Mundo, Scheckter, tivo problemas co motor do seu coche de carreiras e co tráfico, terminou décimo sexto, un só lugar por diante do favorito dos estadounidenses e o campión anterior, Mario Andretti.

O prognóstico para o domingo era unha probabilidade dun cincuenta por cento de choiva. Uns vinte minutos antes do inicio, chegou a choiva. O suficiente para deixar a pista bastante mollada e provocar que todos agás dous dos coches empezaran con pneumáticos de choiva. Os dous eran Nelson Piquet, que estrañamente arriscaba a vantaxe da súa excelente posición de partida, e Mario Andretti, quen, no lugar décimo sétimo na grella, non tiña nada que perder.

A pesar das condicións, a saída foi excelente, aínda que Piquet sufriu patinou coas súas rodas slicks e quedou atrás. Scheckter foi ao seguro, e tomou unha traxectoria externa a través da primeira curva, pero foi empuxado cara ao céspede e tivo que esperar a que pasaran todos os participantes antes de volver entrar na pista. Keke Rosberg trompeou e recuperouse, pero forzou a Bruno Giacomelli a ir detrás de el e a retirarse cun brazo de dirección dobrado. Logo dunha volta, a orde era Villeneuve, Jones, Carlos Reutemann, Jacques Laffite, Jean-Pierre Jabouille, Clay Regazzoni, René Arnoux, Didier Pironi, John Watson e Jean-Pierre Jarier. Logo de dúas voltas, Villeneuve ampliara a súa vantaxe a cinco segundos.

Na terceira volta, Jacky Ickx, no seu último Gran Premio, pasou do seu Ligier do posto 24º ao 12º. Cando se acercaba ao Tyrrell de Derek Daly na curva antes da entrada en boxes, chocou con Daly por detrás e saíuse. O seu compañeiro de equipo, Jacques Laffite, marchaba no quinto lugar, pero fixo un trompo na volta seguinte no mesmo lugar! Reutemann se estrelou na sétima volta cando ía terceiro, cando o seu sensor do extintor desprendeuse e bloqueou os seus pedais. O outro Lotus, pilotado por Andretti, decidiu que a súa aposta de empezar con pneumáticos de seco non funcionaba e entrou a poñer pneumáticos de chuvia, xa que seguía chovendo. Regresou no 20º posto, pero retirouse pouco despois, cando a súa caixa de cambios bloqueouse de forma permanente na cuarta velocidade.

A distancia entre Villeneuve e Jones variaba, con Regazzoni un pouco atrás terceiro. Cando a choiva fíxose máis intensa, os Michelin de Ferrari tiveron un mellor resultado; cando amainou, a superficie intermedia xogou a favor dos Goodyears do Williams. Na 20ª volta, Scheckter, agora no terceiro lugar logo de remontar desde o último lugar, entrou en boxes para poñer slicks, do mesmo xeito que Regazzoni. Mais tarde Scheckter dixo que aínda era demasiado pronto, xa que empezou patinaba nas curvas, pero a comparación dos tempo de volta con Villeneuve axudou ao equipo Ferrari para decidir cando cambiarllas a Gilles!

Na volta 21, Rosberg atopouse con Pironi e tratou de adiantalo polo interior. Non puido manter a súa traxectoria, e cando el derrapou de lado, levouse o Tyrrell con el. Pironi puido continuar, pero, Rosberg tivo que volver aos boxes, retirándose coa caixa de cambios danada. Comezando na volta 25, a maioría dos coches entraron en boxes, agás os tres primeiros, Villeneuve, Jones e Arnoux. Como o circuíto continuou secándose, Jones recortou o liderado de Villeneuve, agora quitándolle dous segundos por volta. Na volta 31, Jones estaba na súa cola, e pasouno rapidamente. Villeneuve entrou a cambiar pneumáticos na volta 34, e volveu 39´5 segundos detrás de Jones.

O equipo Williams montou o coche de Jones con slicks cando entrou na volta 37. Logo dalgunhas dificultades para retirar a roda posterior dereita, parecía que todo estaba ben, e o director de equipo, diante do coche, quitou o gato deixando o coche libre. Aínda que o mecánico da parte traseira dereita gritou e avisou de que el non terminara, o coche arrincou desde boxes. Ao comezo da recta de atrás, a roda desprendeuse e Jones detívose, á beira da pista fóra de si de rabia.

Villeneuve agora lideraba sobre Scheckter en case unha volta. Arnoux perdeu dúas posicións, ata o quinto lugar, cando entrou en boxes para cambiar pneumáticos, pero recuperou o terceiro lugar, por diante de Daly e Pironi, en tan só dúas voltas. Na volta 48, Scheckter sentiu que o seu coche flotaba e pensou que tiña unha picada nunha roda. Decidiu dar unha volta máis, pero non puido. O pneumático quedou triturado e retirouse, deixando só nove coches na pista. Daly trompeou, e Piquet, logo de establecer a volta máis rápida da carreira na procura do McLaren de John Watson, retirouse cun eixe de transmisión roto só cinco voltas antes da bandeira.

Villeneuve continuou tranquilamente ata a meta, permitindo a Elio de Angelis e Hans-Joachim Stuck desdobrarse, terminou cunha de vantaxe de 48 segundos sobre Arnoux. Máis tarde, Villeneuve revelou que estivera coidando o coche cun defecto de presión de aceite durante as últimas 25 voltas. O equipo americano Shadow celebrou o cuarto lugar de Angelis, os seus únicos puntos do ano. A vitoria foi a terceira de Villeneuve, asegurando un dobrete no campionato de pilotos e un digno colofón a un ano glorioso para Ferrari.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 12 Gilles Villeneuve Ferrari 59 1:52:17.734 3 9
2 16 Francia René Arnoux Renault 59 + 48.787 7 6
3 3 Francia Didier Pironi Tyrrell-Ford 59 + 53.199 10 4
4 18 Italia Elio de Angelis Shadow-Ford 59 + 1:30.512 20 3
5 9 Alemaña Hans-Joachim Stuck ATS-Ford 59 + 1:41.259 14 2
6 7 John Watson McLaren-Ford 58 + 1 volta 13 1
7 14 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 54 + 5 voltas 23
Ret 6 Nelson Piquet Brabham-Ford 53 Transmisión 2
Ret 33 Derek Daly Tyrrell-Ford 52 Trompo 15
Ret 11 Unión Sudafricana Jody Scheckter Ferrari 48 Pneu. 16
Ret 29 Italia Riccardo Patrese Arrows-Ford 44 Suspensión 19
Ret 27 Australia Alan Jones Williams-Ford 36 Roda 1
Ret 22 Suíza Marc Surer Ensign-Ford 32 Motor 21
Ret 28 Suíza Clay Regazzoni Williams-Ford 29 Accidente 5
Ret 5 Ricardo Zunino Brabham-Ford 25 Trompo 9
Ret 15 Francia Jean-Pierre Jabouille Renault 24 Motor 8
Ret 20 Finlandia Keke Rosberg Wolf-Ford 20 Accidente 12
Ret 8 Francia Patrick Tambay McLaren-Ford 20 Motor 22
Ret 4 Francia Jean-Pierre Jarier Tyrrell-Ford 18 Accidente 11
Ret 1 Mario Andretti Lotus-Ford 16 Caixa de cambios 17
Ret 2 Carlos Reutemann Lotus-Ford 6 Trompo 6
Ret 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Ford 3 Trompo 4
Ret 25 Bélxica Jacky Ickx Ligier-Ford 2 Trompo 24
Ret 35 Italia Bruno Giacomelli Alfa Romeo 0 Trompo 18
NSC 36 Italia Vittorio Brambilla Alfa Romeo
NSC 30 Alemaña Jochen Mass Arrows-Ford
NSC 17 Países Baixos Jan Lammers Shadow-Ford
NSC 31 Héctor Rebaque Rebaque-Ford
NSC 19 Alex Ribeiro Fittipaldi-Ford
NSC 24 Italia Arturo Merzario Merzario-Ford

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os mellores 4 resultados das primeiras 7 carreiras e os 4 mellores resultados das últimas 8 carreiras contan para o campionato de pilotos. Números sen paréntesis son puntos no Campionato; os números entre paréntesis son os puntos totais anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1979
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1979
Carreira seguinte:
Gran Premio da Arxentina de 1980
Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1978
Gran Premio dos Estados Unidos Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1980

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Weather information for the "1979 United States Grand Prix"". The Old Farmers' Almanac. Consultado o 2013-11-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rob Walker (xaneiro de 1980). "21st United States Grand Prix: Muddier Matters". Road & Track, 104-107.