Gran Premio do Reino Unido de 1966

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Reino Unido de 1966
Detalles da carreira
Carreira 4 de 9 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1966.
Trazado do Circuíto de Brands Hatch
Trazado do Circuíto de Brands Hatch
Data 16 de xullo de 1966
Nome oficial XIX RAC British Grand Prix
Localización Circuíto de Brands Hatch, Kent, Reino Unido
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´260 km
Distancia 80 voltas, 342´180 km
ClimaChuvia, seco no fnal
Pole position
Piloto Australia Jack Brabham Brabham-Repco
Tempo 1:34.5
Volta rápida
Piloto Australia Jack Brabham Brabham-Repco
Tempo 1:37.0
Podio
Primeiro Australia Jack Brabham Brabham-Repco
Segundo Denny Hulme Brabham-Repco
Terceiro Graham Hill BRM

O Gran Premio do Reino Unido de 1966 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 16 de xullo de 1966 no Circuíto de Brands Hatch, Kent, Inglaterra. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1966.

Foi o 21º Gran Premio do Reino Unido e o segundo, que se celebrou en Brands Hatch. Levouse a cabo sobre 80 voltas ao circuíto de catro quilómetros cunha distancia de carreira de 341 quilómetros.

A carreira, a primeira da nova era da regulación dos motores de tres litros, onde saíron 20 coches, gañouno por terceira vez o piloto australiano Jack Brabham no seu Brabham BT19, a súa segunda vitoria consecutiva logo de gañar o Gran Premio de Francia dúas semanas antes. O piloto neozelandés Denny Hulme terminou segundo no seu Brabham BT20, o primeiro dobrete para o equipo Brabham. A parella terminou unha volta por diante do terceiro piloto o británico Graham Hill no seu BRM P261.

A vitoria de Brabham proporcionoulle dez puntos de vantaxe no campionato sobre o corredor austríaco de Cooper Jochen Rindt con Hulme e Lorenzo Bandini un punto máis atrás.

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

Brabham e Hill loitaron na saída, ata que comezaron as tormentas de choiva no circuíto. Mentres Brabham mantivo a súa vantaxe, Rindt que cambiara a pneumáticos de choiva capturouno con rapidez, mentres que John Surtees no seu Cooper estaba en terceiro lugar, afastado do resto na pista. Hill e Jim Clark loitaron pola segunda e terceira posición ata Clark parou nos pit, Hulme tomou a segunda posición. A medida que a choiva secou, Rindt caeu cara a atrás. Surtees e Hill retiráronse por problemas mecánicos, deixando a Clark en cuarto lugar. Brabham levou a meta o seu compañeiro de equipo Hulme, con Hill, Clark, Rindt e Bruce McLaren detrás.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5 Australia Jack Brabham Brabham-Repco 80 2:13:13.4 1 9
2 6 Denny Hulme Brabham-Repco 80 + 9.6 2 6
3 3 Graham Hill BRM 79 + 1 volta 4 4
4 1 Jim Clark Lotus-Climax 79 + 1 volta 5 3
5 11 Austria Jochen Rindt Cooper-Maserati 79 + 1 volta 7 2
6 14 Bruce McLaren McLaren-Serenissima 78 + 2 voltas 13 1
7 7 Chris Irwin Brabham-Climax 78 + 2 voltas 12
8 22 John Taylor Brabham-BRM 76 + 4 voltas 16
9 25 Bob Bondurant BRM 76 + 4 voltas 14
10 19 Francia Guy Ligier Cooper-Maserati 75 + 5 voltas 17
11 24 Chris Lawrence Cooper-Ferrari 73 + 7 voltas 19
NC 21 Bob Anderson Brabham-Climax 70 Non clasificado 10
NC 20 Suíza Jo Siffert Cooper-Maserati 70 Non clasificado 11
Ret 12 John Surtees Cooper-Maserati 67 Transmisión 6
Ret 18 Jo Bonnier Brabham-Climax 42 Embrague 15
Ret 2 Peter Arundell Lotus-BRM 32 Caixa cambios 20
Ret 4 Jackie Stewart BRM 17 Motor 8
Ret 17 Mike Spence Lotus-BRM 15 Fuga aceite 9
Ret 16 Dan Gurney Eagle-Climax 9 Motor 3
Ret 23 Trevor Taylor Shannon-Climax 0 Motor 18

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1966
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1966
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Países Baíxos de 1966
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1965
Gran Premio do Reino Unido Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1967