Gran Premio do Pacífico de 1994

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Xapón de 1994
Detalles da carreira
Carreira 2 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1994.
Trazado do circuíto de Tanaka.
Trazado do circuíto de Tanaka.
Data 17 de abril 1994
Nome oficial I Gran Premio do Pacífico
Localización Circuíto TI, Aida, Xapón
Percorrido Percorrido permanente de carreira
3´703 km
Distancia 83 voltas, 307´349 km
ClimaAsollado
Pole position
Piloto Ayrton Senna Williams-Renault
Tempo 1:10.218
Volta rápida
Piloto Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford
Tempo 1:14.023 na volta 10
Podio
Primeiro Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford
Segundo Austria Gerhard Berger Ferrari
Terceiro Rubens Barrichello Jordan-Hart

O Gran Premio do Pacífico de 1994 (oficialmente o I Pacific Grand Prix) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 17 de abril de 1994 no Circuíto TI, Aida. Foi a segunda carreira da tempada de 1994 de Fórmula Un. A carreira de 83 voltas gañouna o piloto de Benetton Michael Schumacher logo de comezar desde a segunda posición. Gerhard Berger terminou segundo polo equipo Ferrari e o piloto Jordan Rubens Barrichello quedou en terceiro lugar.

Informe[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Ayrton Senna logrou a pole durante a sesión de cualificación do venres, as condicións de pista foron máis lentas o sábado, deixando á maioría dos pilotos incapaces de mellorar os seus tempos. Durante a cualificación do sábado, os dous pilotos de Williams-Renault trompearon na curva Revolver.

Carreira[editar | editar a fonte]

Ayrton Senna foi superado por Schumacher antes da primeira curva e logo foi golpeado por detrás por Mika Häkkinen e saíuse da pista. Nicola Larini tamén se saíu da pista e estrelouse contra Senna, causando danos que terminaron a carreira de ambos autos. Mark Blundell tamén trompeou na mesma curva e detivo o seu auto no medio da pista. Na 3ª volta Damon Hill trompeou tratando de adiantar a Hakkinen, pero reincorporouse e volveu ao segundo lugar antes de deterse cunha falla na transmisión na volta 49. Michael Schumacher gañou comodamente diante de Gerhard Berger e Rubens Barrichello. O 11º lugar de Roland Ratzenberger sería o único final do austríaco antes da súa morte durante a cualificación para o Gran Premio seguinte en Imola.

Controversia[editar | editar a fonte]

Durante a fin de semana, o piloto de probas de Ferrari Nicola Larini (que substituíra ao lesionado Jean Alesi durante a primeira parte da tempada), filtrou aos medios italianos que usara o control de tracción (unha das axudas electrónicas prohibidas aos pilotos en 1994) durante a sesión de práctica para a carreira. Ferrari e Larini negaron posteriormente as reclamación da prensa mundial.[1] A "indiscreción" de Larini xerou máis sospeitas sobre que os equipos utilizaran axudas ilegais para axudalos nas carreiras. Ademais, logo da primeira colisión na curva que o sacou da carreira, en lugar de volver ao área de pits de Williams, Ayrton Senna optou por sentar no muro na parte exterior da curva e ver a carreira durante varias voltas para ver se escoitaba calquera ruído que suxerise que se usaba o control de tracción ilegalmente nos outros coches.[2] Senna regresou ao área de boxes de Williams despois de que se completaron unhas 10 voltas, sospeitando que o Benetton B194 era ilegal.[3]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 2 Ayrton Senna Williams-Renault 1:10.218 1:19.304
2 5 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 1:10.440 +0.222
3 0 Damon Hill Williams-Renault 1:10.771 1:12.048 +0.553
4 7 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Peugeot 1:11.683 +1.465
5 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 1:11.744 1:12.184 +1.526
6 8 Martin Brundle McLaren-Peugeot 1:12.351 +2.133
7 27 Italia Nicola Larini Ferrari 1:12.372 5:32.428 +2.154
8 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 1:12.409 1:13.172 +2.191
9 9 Christian Fittipaldi Footwork-Ford 1:13.169 1:12.444 +2.226
10 6 Países Baixos Jos Verstappen Benetton-Ford 1:12.554 1:12.681 +2.336
11 30 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Sauber-Mercedes 1:12.686 1:12.797 +2.468
12 4 Mark Blundell Tyrrell-Yamaha 1:13.013 1:12.751 +2.533
13 10 Italia Gianni Morbidelli Footwork-Ford 1:12.866 1:13.090 +2.648
14 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:13.013 1:13.411 +2.795
15 24 Italia Michele Alboreto Minardi-Ford 1:13.342 1:13.016 +2.798
16 20 Francia Érik Comas Larrousse-Ford 1:13.111 1:13.550 +2.893
17 23 Italia Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:13.529 1:13.756 +3.311
18 25 Francia Éric Bernard Ligier-Renault 1:13.613 1:14.204 +3.395
19 29 Austria Karl Wendlinger Sauber-Mercedes 1:13.855 1:14.163 +3.637
20 15 Aguri Suzuki Jordan-Hart 1:14.036 1:13.932 +3.714
21 19 Olivier Beretta Larrousse-Ford 1:14.101 1:14.271 +3.883
22 26 Francia Olivier Panis Ligier-Renault 1:14.106 1:14.667 +3.888
23 12 Johnny Herbert Lotus-Mugen-Honda 1:14.538 1:14.424 +4.206
24 11 Portugal Pedro Lamy Lotus-Mugen-Honda 1:14.657 1:15.146 +4.439
25 31 Australia David Brabham Simtek-Ford 1:14.946 1:14.748 +4.530
26 32 Austria Roland Ratzenberger Simtek-Ford 1:16.536 +6.318
27 34 Francia Bertrand Gachot Pacific-Ilmor 1:16.927 1:18.571 +6.709
28 33 Francia Paul Belmondo Pacific-Ilmor 1:18.671 1:17.450 +7.232

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 83 1:46:01.693 2 10
2 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 83 +1:15.300 5 6
3 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 82 +1 Lap 8 4
4 9 Christian Fittipaldi Footwork-Ford 82 +1 volta 9 3
5 30 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Sauber-Mercedes 82 +1 volta 11 2
6 20 Francia Érik Comas Larrousse-Ford 80 +3 voltas 16 1
7 12 Johnny Herbert Lotus-Mugen-Honda 80 +3 voltas 23
8 11 Portugal Pedro Lamy Lotus-Mugen-Honda 79 +4 voltas 24
9 26 Francia Olivier Panis Ligier-Renault 78 +5 voltas 22
10 25 Francia Éric Bernard Ligier-Renault 78 +5 voltas 18
11 32 Austria Roland Ratzenberger Simtek-Ford 78 +5 voltas 26
Ret 10 Italia Gianni Morbidelli Footwork-Ford 69 Motor 13
Ret 29 Austria Karl Wendlinger Sauber-Mercedes 69 Colisión 19
Ret 24 Italia Michele Alboreto Minardi-Ford 69 Colisión 15
Ret 8 Martin Brundle McLaren-Peugeot 67 Temperatura 6
Ret 23 Italia Pierluigi Martini Minardi-Ford 63 Trompo 17
Ret 6 Países Baixos Jos Verstappen Benetton-Ford 54 Trompo 10
Ret 0 Damon Hill Williams-Renault 49 Transmisión 3
Ret 15 Aguri Suzuki Jordan-Hart 44 Dirección 20
Ret 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 42 Motor 14
Ret 7 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Peugeot 19 Caixa de cambios 4
Ret 19 Olivier Beretta Larrousse-Ford 14 Eléctrico 21
Ret 31 Australia David Brabham Simtek-Ford 2 Eléctrico 25
Ret 2 Ayrton Senna Williams-Renault 0 Colisión 1
Ret 27 Italia Nicola Larini Ferrari 0 Colisión 7
Ret 4 Mark Blundell Tyrrell-Yamaha 0 Colisión 12
NSC 34 Francia Bertrand Gachot Pacific-Ilmor
NSC 33 Francia Paul Belmondo Pacific-Ilmor
Fonte:[4]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Collings, Timothy; Edworthy, Sarah (2002). The Daily Telegraph - The Formula One Years. SevenOaks. pp. 256–259. ISBN 1-86200-101-4. 
  2. "Grand Prix Results: Pacific GP, 1994". GrandPrix.com. Inside F1. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2008. Consultado o 28 de agosto de 2008. 
  3. Saward, Joe (11 de agosto de 1994). "Globetrotter: Rocking the boat". GrandPrix.com. Inside F1. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2008. Consultado o 28 de agosto de 2008. 
  4. "1994 Pacific Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 


Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 1994
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1994
Carreira seguinte:
Gran Premio de San Marino de 1994
Carreira anterior:
Non houbo
Gran Premio do Pacífico Carreira seguinte:
Gran Premio do Pacífico de 1995