Gran Premio do Brasil de 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Brasil de 2017
Detalles da carreira
Carreira 19 de 20 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017.
Trazado do circuíto de Interlagos.
Trazado do circuíto de Interlagos.
Data 12 de novembro de 2017
Nome oficial Formula 1 Grande Prêmio do Brasil 2017
Localización Autódromo José Carlos Pace, São Paulo, Brasil
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´309 km
Distancia 71 voltas, 305´939 km
ClimaSolleiro, 28 °C e 60 °C no asfalto, humidade relativa 20%. Vento a 1,1 m/s
Pole position
Piloto Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Tempo 1:08.322
Volta rápida
Piloto Países Baixos Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer
Tempo 1:11.044, (volta rápida) na volta 64
Podio
Primeiro Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Segundo Finlandia Valtteri Bottas Mercedes
Terceiro Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari


O Gran Premio do Brasil de 2017 (oficialmente coñecida como o Formula One Grande Prêmio do Brasil 2017) foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 12 de novembro de 2017 no Autódromo José Carlos Pace en São Paulo, Brasil. A carreira marcará o cuadraxésima sexta edición do Gran Premio do Brasil, e o cuadraxésimo quinta vez que a carreira disputouse como unha proba do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.

Informe[editar | editar a fonte]

Práctica libre[editar | editar a fonte]

As tres sesións de práctica libre demostraron unha competencia moi apertada entre Ferrari e Mercedes.[1] Na primeira e segunda práctica libre, Lewis Hamilton foi o máis rápido, cos Ferraris e os Red Bull Racing detrás. Felipe Massa e Fernando Alonso foron especialmente fortes nestas sesións. Na terceira sesión, a orde foi similar. Con todo, Valtteri Bottas superou o mellor tempo de Hamilton por tres milésimas de segundo; e nin Max Verstappen nin Massa tiveron unha boa volta. Na última rolda de práctica, menos dunha décima de segundo separou aos dúas Mercedes e os dous Ferrari.

Cualificación[editar | editar a fonte]

A clasificación comezou de xeito dramático cando o Campión do Mundo Hamilton perdeu a parte traseira do auto con sobreviraxe, aparentemente debido a un erro do piloto, e retirouse da Q1 sen establecer un tempo de volta. Räikkönen foi o máis rápido na Q1 e Vettel na Q2. Na sesión de cualificación final, con todo, Bottas obtivo a pole position. Vettel cualificou nun segundo lugar, seguido de Räikkönen, Verstappen e Daniel Ricciardo. Ricciardo recibiu unha sanción de 10 posicións na grella por exceder a súa cota de compoñentes da unidade de potencia e comezou 14° na grella. Hamilton decidiu cambiar a súa caixa de cambios e unidade de potencia, polo que comezou a carreira desde o pit lane.

Carreira[editar | editar a fonte]

Vettel fixo un bo comezo logrando adiantar a Bottas na primeira curva. Houbo numerosas retiradas debido a colisións na primeira volta. Romain Grosjean perdeu a traseira, botando a Esteban Ocon fóra da pista. A retirada resultante de Ocon terminou coa súa racha récord de 27 carreiras seguidas terminadas desde o seu debut na Fórmula Un. Stoffel Vandoorne e Kevin Magnussen tamén se retiraron debido a unha colisión na primeira volta.

Hamilton, saíu da liña de pits, puxo en funcionamento unha estratexia de pina investida correndo ata a volta 44 nun xogo de pneumáticos brandos. Logo de superar aos atrasados acadou o primeiro lugar cando os autos líderes, predominantemente en estratexias dunha parada, entraron en pits. A única parada en boxes de Hamilton colocouno quinto, logo do cal superou a Verstappen e puido desafiar brevemente a Räikkönen para o podio,[2] pero non puido adiantar a Raikkonen terceiro. Ricciardo tamén loitou ata o sexto lugar logo de comezar décimo quinto na grella e caer ao décimo sétimo logo da colisión Vandoorne-Magnussen.

Establecendo o ritmo durante a maior parte da carreira, Vettel gañou o Gran Premio, seguido de Bottas e Räikkönen. Incluíndo a Hamilton, os catro primeiros terminaron no espazo de 5.5 segundos, cos dous Red Bulls 30 segundos atrás. As seguintes tres posicións tamén viron unha batalla na liña de meta, terminando dentro de 1 segundo. Inicialmente adiantando na volta 6, Massa mantívose afastado de Alonso, que permaneceu preto durante toda a carreira. Sergio Pérez tamén alcanzou a estes dous corredores para cruzar a liña de meta detrás de Alonso.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Tempos de cualificación} Grella
Final
Q1 Q2 Q3
1 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 1:09:452 1:08:638 1:08:322 1
2 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1:09.643 1:08.494 1:08.360 2
3 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:09.405 1:09.116 1:08.538 3
4 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1:09.820 1:09.050 1:08.925 4
5 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1:09.828 1:09.533 1:09.330 14[3]
6 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:10.145 1:09.760 1:09.598 5
7 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 1:10.172 1:09.593 1:09.617 6
8 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 1:10.078 1:09.726 1:09.703 7
9 55 España Carlos Sainz Renault 1:10.227 1:09.768 1:09.805 8
10 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:09.789 1:09.612 1:09.841 9
11 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 1:10.168 1:09.830 10
12 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:10.148 1:09.879 11
13 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1:10.286 1:10.116 12
14 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:10.521 1:10.154 13
15 28 Brendon Hartley Toro Rosso 1:10.625 sen tempo 18[4]
16 94 Alemaña Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1:10.678 15
17 10 Francia Pierre Gasly Toro Rosso 1:10.686 19[5]
18 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 1:10.776 17[6]
19 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:10.875 16
107% tempo: 1:14.263
44 Lewis Hamilton Mercedes sen tempo 20[7]
Fonte:
Grella clasificatoria para o Gran Premio do Brasil 2017
Grella clasificatoria para o Gran Premio do Brasil 2017
Grella de inicio do Gran Premio do Brasil 2017
Grella de inicio do Gran Premio do Brasil 2017

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 71 1:31:26.262 2 25
2 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 71 +2.762 1 18
3 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 71 +4.600 3 15
4 44 Lewis Hamilton Mercedes 71 +5.468 PL 12
5 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 71 +32.940 4 10
6 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 71 +48.691 14 8
7 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 71 +1:08.882 9 6
8 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 71 +1:09.363 6 4
9 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 71 +1:09.500 5 2
10 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 70 +1 volta 7 1
11 55 España Carlos Sainz Renault 70 +1 volta 8
12 10 Francia Pierre Gasly Toro Rosso 70 +1 volta 19
13 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 70 +1 volta 17
14 94 Alemaña Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 70 +1 volta 15
15 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 69 +2 voltas 11
16 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 69 +2 voltas 16
Ret 28 Brendon Hartley Toro Rosso 40 Motor 18
Ret 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 0 Accidente 10
Ret 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 0 Accidente 12
Ret 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 0 Accidente 13
fonte:

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Texto en negra indica que Mercedes e Lewis hamilton son campións do mundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "FP3 - Mercedes and Ferrari all but inseparable at Interlagos". formula1.com. Consultado o 15 de novembro de 2017. 
  2. "Sebastian Vettel wins Brazilian Grand Prix after Lewis Hamilton fightback" (en inglés). The Guardian. 13 de novembro de 2017. 
  3. Daniel Ricciardo recibiu unha sanción na grella de 10 posicións por exceder a súa cota de compoñentes da unidade de potencia.
  4. Brendon Hartley recibiu unha penalización de 10 posicións na grella por exceder a súa cota de compoñentes da unidade de potencia.
  5. Pierre Gasly recibiu unha penalización na grella de 25 posicións por exceder a súa cota de compoñentes da unidade de potencia.
  6. Lance Stroll recibiu unha penalización na grella de 5 posicións por un cambio non programado na caixa de cambios.
  7. Lewis Hamilton non puido establecer un tempo dentro do requisito do 107%, pero recibiu o permiso dos comisarios para comezar a carreira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de México de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio de Abu Zabi de 2017
Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 2016
Gran Premio do Brasil Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 2018