Gran Premio de Motociclismo de Europa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Gran Premio de Motociclismo de Europa, era unha proba de motociclismo de velocidade que se celebrou en España entre os anos 1991 e 1995 que formou parte do Campionato do Mundo de Motociclismo.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Engadiuse en 1991 ao calendario do Campionato do Mundo como complemento do Gran Premio de Motociclismo de España, aproveitando o éxito dos pilotos españois (moitos deles cataláns) en dita especialidade e número de seguidores do campionato en España. A edición de 1991 correuse no Circuíto do Jarama, e as posteriores no Circuíto de Cataluña. Foi substituído polo Gran Premio de Motociclismo de Cataluña en 1996.

O estadounidense Wayne Rainey venceu tres veces consecutivas en 500cc, o italiano Luca Cadalora acadou nesta proba unha vitoria en 500cc e dúas en 250cc e o seu paisano Max Biaggi venceu tres veces consecutivas en 250cc.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Ano Circuíto 125 cc 250 cc Moto GP
1995 Cataluña Haruchika Aoki (Honda) Italia Max Biaggi (Aprilia) España Àlex Crivillé (Honda)
1994 Cataluña República Federal Alemá Dirk Raudies (Honda) Italia Max Biaggi (Aprilia) Italia Luca Cadalora (Yamaha)
1993 Cataluña Noboru Ueda (Honda) Italia Max Biaggi (Honda) Wayne Rainey (Yamaha)
1992 Cataluña Italia Ezio Gianola (Honda) Italia Luca Cadalora (Honda) Wayne Rainey (Yamaha)
1991 Jarama Italia Loris Capirossi (Honda) Italia Luca Cadalora (Honda) Wayne Rainey (Yamaha)