Gran Premio de Malaisia de 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Malaisia Gran Premio de Malaisia de 2009
Detalles da carreira[1]
Carreira 2 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009.
Trazado do circuíto de Sepang.
Trazado do circuíto de Sepang.
Data 5 de abril de 2009
Nome oficial XI Gran Premio de Malaisia Petronas
Localización Circuíto Internacional de Sepang
Sepang, Selangor, Malaisia
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5,543 km
Distancia 31 voltas, 171,833 km
Voltas programadas56 voltas, 310,408 km
ClimaComezo en seco, con moitas chuvias cara á fin
Pole position
Piloto Jenson Button Brawn-Mercedes
Tempo 1.35.181
Volta rápida
Piloto Jenson Button Brawn-Mercedes
Tempo 1:36.641 na volta 18
Podio
Primeiro Jenson Button Brawn-Mercedes
Segundo Alemaña Nick Heidfeld BMW Sauber
Terceiro Alemaña Timo Glock Toyota

O Gran Premio de Malaisia de 2009 (formalmente o XI Gran Premio de Malaisia Petronas) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 5 de abril de 2009 no Circuíto Internacional de Sepang en Sepang, Malaisia. Foi a segunda carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009. A duración da carreira era de 56 voltas, pero polas chuvias torrenciais que caeron esta foi detida despois de completar 31. Jenson Button gañou para o equipo Brawn GP, saíndo da pole position. Nick Heidfeld quedou segundo co equipo BMW Sauber e Timo Glock terceiro para Toyota. Xa que non se alcanzou a distancia mínima do 75% (neste circuíto, 42 voltas), a repartición dos puntos foi a metade da normal, converténdose na quinta carreira na historia da Fórmula 1 en rematar desde xeito (con só 171.833 km percorridos)[2], sendo ademais a primeira desde o Gran Premio de Australia de 1991[3][4]. Brawn GP volveuse o segundo construtor en gañar os seus dous primeiros Grandes Premios do Campionato do Mundo desde que Alfa Romeo o fixera en 1950[5].

Resumo[editar | editar a fonte]

Vista xeral[editar | editar a fonte]

O xoves antes da carreira, Lewis Hamilton foi descualificado do Gran Premio anterior por enganar os comisarios.

O Gran Premio foi disputado por 20 condutores, repartidos en 10 equipos de dous[6]. Os equipos, tamén coñecidos como "construtores" ou "escuderías", foron Ferrari, McLarenMercedes, Renault, Brawn, Force India, BMW Sauber, Toyota, Red Bull Racing, Williams e Toro Rosso[6].

Tras o Gran Premio de Australia, Jenson Button adiantárase dous puntos de Rubens Barrichello e catro de Jarno Trulli no campionato de pilotos[6]. Asemade, Brawn GP lideraba o de construtores con 7 puntos de diferenza sobre Toyota e con 14 sobre Renault[6].

O comezo da carreira foi movido desde as 15:00 hora local (07:00 UTC) ás 17:00 hora local (09:00 UTC). Este traslado foi levado a cabo para facer a retransmisión da carreira a unha hora máis accesible para os europeos, lugar onde hai unha maior audiencia do evento. Non obstante, os organizadores desbotaron a posibilidade de celebrar unha carreira nocturna, na liña do Gran Premio de Singapur de 2008, por motivos de orzamentos[7].

Adestramentos libres e clasificación[editar | editar a fonte]

"Esta mañá tivemos un problema co KERS, o que nos custou un pouco de tempo, pero intentamos arranxalo para a tarde. Tiñamos a esperanza de que aquí a situación podería ser diferente á de Melbourne, pero aínda é demasiado cedo para dicir onde estamos con respecto aos opoñentes. Do que si podemos ter a certeza é de que cando o coche roda sen problemas somos competitivos. Agardamos poder facer un bo traballo na clasificación de mañá."
Kimi Räikkönen, despois do seu accidente na primeira sesión libre, e tras conseguir a volta rápida na segunda sesión[8]
Jenson Button obtivo a súa segunda pole position da temporada para Brawn GP.

Houbo tres sesións de práctica antes da carreira; a primeira foi o venres pola mañá e a segunda no serán do mesmo día. Ambas as sesións tiveron unha duración dunha hora e 30 minutos, con tempo seco. A terceira sesión celebrouse á mañá do sábado e durou tan só unha hora, tamén con condicións climatolóxicas secas[9]. Nico Rosberg e Kazuki Nakajima quedaron primeiro e segundo con Williams na primeira sesión con tempos de 1:36.260 e 1:36.305 minutos respectivamente. Na segunda, Kimi Räikkönen e Felipe Massa de Ferrari fixeron os mellores tempos de 1:35.707 e 1:35.832 minutos. Despois de 18 voltas, a cabina de Räikkönen comezou a botar fume, e aínda que Ferrari non deu unha declaración oficial, hai informes que apuntan a un requecemento do sistema KERS[10].

Jenson Button obtivo para Brawn a segunda pole consecutiva por diante do Toyota de Jarno Trulli[11]. O outro Brawn, conducido por Rubens Barrichello, clasificou cuarto (terceiro se se considera a penalización de Vettel) pero foi atrasado cinco posicións ata a 8ª por mudar a súa caixa de cambios[12]. Por outra banda, un erro de estratexia significou o fracaso de Massa, que non conseguiu pasar o corte da Q1. Nunha entrevista a Globo TV, o piloto dixo que el e mais o equipo pensaran que o tempo inicial era suficiente para pasar á segunda sesión, e non saíu para melloralo nun intento de conservar o motor. Non obstante, non foi o caso e Massa quedou na 16ª praza[13][14].

Carreira[editar | editar a fonte]

Jenson Button obtivo a pole position da grella de saída, pero foi Nico Rosberg (que saía cuarto) o que fixo a mellor saída, colocándose primeiro na primeira curva.
Robert Kubica retirouse na primeira volta por un problema de motor.

Na liña de saída produciuse unha escapada limpa de todos os pilotos, agás de Robert Kubica, que tivo que retirarse tras a primeira volta por problemas co seu motor. O Williams de Nico Rosberg adiantou desde o cuarto posto da grella ata a cabeza de carreira na primeira curva, seguido de Jarno Trulli e Fernando Alonso, o cal usou o seu sistema KERS cun bo resultado deixando atrás a súa décima posición de saída; pola súa banda, Jenson Button non saíu ben e o seu Brawn quedou atrasado ata a cuarta praza. Na volta cinco, o McLaren de Heikki Kovalainen pasou por riba de fragmentos de goma de pneumático degradados e realizou un trompo que o obrigou a retirarse, incrementando a mala sorte que o equipo sufrira desde os días previos á carreira.

Despois dunha saída lenta, Button alcanzou e pasou o Renault de Alonso, que ía máis pesado, na volta trece, ocupando agora a terceira praza e poñéndose detrás de Trulli. Rosberg e Trulli foron recargar antes ca Button, así que este conseguiu pasalos durante a súa primeira parada no pit stop liderando agora a carreira. A evidencia de chuvia era vagamente notoria, pero Kimi Räikkönen arriscouse a cambiar as súas rodas de seco por unhas de mollado. No entanto, a súa aposta non deu resultado xa que a chuvia non chegou tan cedo como estaba previsto, e foi forzado a baixar o rendemento para atrasar o rápido desgaste deste tipo de rodas[15].

Ao redor da volta 19, a chuvia empezou a caer sobre o circuíto e a meirande parte dos pilotos foron trocar a rodas de mollado. Non obstante, neses intres non había auga abondo na pista, polo que as rodas comezaron a consumirse moi rápido. Timo Glock estivera usando pneumáticos intermedios que ían mellor nesas condicións e subiu axiña ata o terceiro posto. Os demais pilotos seguiron o exemplo e mudaron tamén as súas rodas ata que na volta 31 o chuvasco chegou a todo o asfalto e os condutores tiveron que cambiar a rodas de mollado unha vez máis.

Debido ás chuvias torrenciais a carreira tivo que ser detida na volta 33[4] e os resultados foron tomados da clasificación á fin da volta 31 (a penúltima completada, segundo a norma 42.8 do regulamento[16]). En consecuencia, repartiuse a metade dos puntos aos oito primeiros. Button conseguiu a súa segunda vitoria consecutiva da temporada (a terceira da súa carreira deportiva) e cinco puntos. A vitoria significou tamén que Brawn GP fose o primeiro equipo desde Alfa Romeo en 1950 en gañar os seus dous primeiros Grandes Premios[5]. O resto do podio formárono Nick Heidfeld e Timo Glock.

Tras a carreira[editar | editar a fonte]

Trulli, Barrichello, Hamilton e Webber paran os seus monoprazas na recta do circuíto cando foi anunciada a decisión de sacar bandeirola vermella.

Xeralmente os condutores respaldan a decisión de abandonar a carreira, citando a diminución de visibilidade (debido ao tarde que comezou) así como á gran cantidade de chuvia[17].

Nestas condicións é imposible conducir
Sebastian Bourdais, antes de perder o control do seu coche debido ás malas condicións do tempo
Era imposible conducir aí fóra, era moi, moi perigoso. Son as condicións máis perigosas nas que teño corrido.
Lewis Hamilton
A visibilidade é nula, podemos ter un accidente serio se volvemos saír.
Fernando Alonso antes de que a suspensión fose oficial[5]
Todo estaba moi húmito aí fóra e a decisión de suspendela foi acertada. Obviamente gustaríame ter obtido os 10 puntos, pero isto era o mellor que se podía facer, penso eu, e realísticamente era a cousa máis razonable. Estou seguro de que algunhas persoas dirán 'non vimos a carreira completa e é decepcionante' pero ás veces hai que pensar na seguridade.
Jenson Button
Ás sete é noite así que foi bo non recomezar
Mark Webber, un dos directores da Grand Prix Drivers' Association

Os organizadores do evento tamén confirmaron que revisarán a hora de comezo do Gran Premio de Malaisia de 2010 para que isto non se repita. Mokhzani Mahathir, presidente do Circuíto Internacional de Sepang, dixo que o consultara con Bernie Ecclestone despois da carreira e estaban de acordo en miralo. Porén, Ecclestone revelou que non tiña remorsos sobre o horario, declarando:

Só teño pesar pola chuvia, non vexo nada malo coa hora de inicio, non sabiamos nada da chuvia[18].

Mahathir suxeriu a posibilidade de incluír un sistema de iluminación (similar ao usado no Gran Premio de Singapur) para alumear o circuíto en carreiras futuras[18].

Clasificación[editar | editar a fonte]

Os monoprazas que empregaron o sistema KERS están marcados cun "‡".

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Nome Construtor Parte 1 Parte 2 Parte 3 Grella
1 22 Jenson Button Brawn-Mercedes 1:35.058 1:33.784 1:35.181 1
2 9 Italia Jarno Trulli Toyota 1:34.745 1:33.990 1:35.273 2
3 15 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:34.935 1:34.276 1:35.518 131
4 23 Rubens Barrichello Brawn-Mercedes 1:34.681 1:34.387 1:35.651 82
5 10 Alemaña Timo Glock Toyota 1:34.907 1:34.258 1:35.690 3
6 16 Alemaña Nico Rosberg Williams-Toyota 1:35.083 1:34.547 1:35.750 4
7 14 Australia Mark Webber Red Bull-Renault 1:35.027 1:34.222 1:35.797 5
8 5 Polonia Robert Kubica BMW Sauber 1:35.166 1:34.562 1:36.106 6
9 4‡ Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:35.476 1:34.456 1:36.170 7
10 7‡ España Fernando Alonso Renault 1:35.260 1:34.706 1:37.659 9
11 6‡ Alemaña Nick Heidfeld BMW Sauber 1:35.110 1:34.769 10
12 17 Kazuki Nakajima Williams-Toyota 1:35.341 1:34.788 11
13 1‡ Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 1:35.280 1:34.905 12
14 2‡ Finlandia Heikki Kovalainen McLaren-Mercedes 1:35.023 1:34.924 14
15 11 Francia Sébastien Bourdais Toro Rosso-Ferrari 1:35.507 1:35.431 15
16 3‡ Felipe Massa Ferrari 1:35.642 16
17 8‡ Nelsinho Piquet Renault 1:35.708 17
18 21 Italia Giancarlo Fisichella Force India-Mercedes 1:35.908 18
19 20 Alemaña Adrian Sutil Force India-Mercedes 1:35.951 19
20 12 Suíza Sébastien Buemi Toro Rosso-Ferrari 1:36.107 20

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Condutor Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 22 Jenson Button Brawn-Mercedes 31 55:30.622 1 5
2 6‡ Alemaña Nick Heidfeld BMW Sauber 31 +22.722 10 4
3 10 Alemaña Timo Glock Toyota 31 +23.513 3 3
4 9 Italia Jarno Trulli Toyota 31 +46.173 2 2,5
5 23 Rubens Barrichello Brawn-Mercedes 31 +47.360 8 2
6 14 Australia Mark Webber Red Bull-Renault 31 +52.333 5 1,5
7 1‡ Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 31 +1:00.733 12 1
8 16 Alemaña Nico Rosberg Williams-Toyota 31 +1:11.576 4 0,5
9 3‡ Felipe Massa Ferrari 31 +1:16.932 16
10 11 Francia Sébastien Bourdais Toro Rosso-Ferrari 31 +1:42.164 15
11 7‡ España Fernando Alonso Renault 31 +1:49.422 9
12 17 Kazuki Nakajima Williams-Toyota 31 +1:56.130 11
13 8‡ Nelson Piquet, Jr. Renault 31 +1:56.713 17
14 4‡ Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 31 +2:22.841 7
15 15 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 30 Trompo 13
16 12 Suíza Sébastien Buemi Toro Rosso-Ferrari 30 Trompo 20
17 20 Alemaña Adrian Sutil Force India-Mercedes 30 +1 volta 19
18 21 Italia Giancarlo Fisichella Force India-Mercedes 29 Trompo 18
Ret 5 Polonia Robert Kubica BMW Sauber 1 Motor 6
Ret 2‡ Finlandia Heikki Kovalainen McLaren-Mercedes 0 Trompo 14
  • A carreira deteuse na volta 33, a clasificación tómase da orde na que os pilotos ían tras 31 voltas. Outorgouse a metade dos puntos dado que non se completou o 75% da carreira.
  • Esta carreira foi a quinta en ser suspendida antes de completar o 75% da distancia: as outras foron os Grandes Premios de España de 1975, Austria de 1975, Mónaco de 1984 e Australia de 1991 (o GP máis curto da historia).
  • Ademais, esta foi a primeira carreira desde o Gran Premio de Italia de 2005 que Ferrari non puntúa en dúas carreiras consecutivas.

Campionato tras a carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións. Outorgouse a metade dos puntos dado que non se completaron as tres cuartas partes da carreira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fédération Internationale de l'Automobile, ed. (01-04-2009). "Malaysian Grand Prix Preview". Arquivado dende o orixinal o 06-04-2009. Consultado o 04-04-2009. 
  2. "Statistics: Kms, The less". statsf1.com. 05-04-2009. Consultado o 05-04-2009. 
  3. Baldwin, Alan (05-04-2009). Thomas Reuters Corporate, ed. "Button wins Malaysian GP cut short by rain". Reuters. Consultado o 05-04-2009. 
  4. 4,0 4,1 Times Newspapers Ltd, ed. (05-04-2009). "Jenson Button wins abandoned Malaysian Grand Prix". Times Online. Consultado o 05-04-2009. 
  5. 5,0 5,1 5,2 BBC, ed. (05-04-2009). "Classy Button wins abandoned race.". BBC Sport. Consultado o 05-04-2009. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Fédération Internationale de l'Automobile, ed. (05-04-2009). "Championship Classification". Arquivado dende o orixinal o 30-07-2009. Consultado o 05-04-2009. 
  7. Bennett Coleman & Co. Ltd, ed. (28-09-2009). "Malaysia rules out night race next year". AFP, The Times of India. Consultado o 05-04-2009. 
  8. "Friday practice - selected team and driver quotes". formula1.com. 03-04-2009. Consultado o 05-04-2009. 
  9. FIA, ed. (24-03-2009). "2009 Formula One Sporting Regulations" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07-04-2009. Consultado o 05-04-2009. 
  10. BBC, ed. (03-04-2009). "Raikkonen tops Malaysia practice". BBC Sport. Consultado o 03-04-2009. 
  11. Button storms to another pole Arquivado 05 de abril de 2009 en Wayback Machine. ITV-F1.com 04-04-2009. Consultado o 04-04-2009
  12. 12,0 12,1 Haymarket Publications, ed. (03-04-2009). "Barrichello gets 5 place penalty". autosport.com. Consultado o 03-04-2009. 
  13. globoesporte.com, ed. (04-04-2009). "Erro de estratégia deixa Massa em 16º" (en portugués). 
  14. BBC, ed. (04-04-2009). "Massa admits qualifying error". BBC Sport. Consultado o 05-04-2009. 
  15. Se os pneumáticos de mollado non rodan sobre superficies con auga, estes non son quen de manter a súa integridade estrutural a altas velocidades, degradándose rapidamente nunhas poucas voltas.
  16. Fédération Internationale de l'Automobile, ed. (24-03-2009). "2009 Formula One Sporting Regulations" (PDF). 2009 Formula One Sporting Regulations. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07-04-2009. Consultado o 05-04-2009. Se a carreira non pode ser reanudada os resultados serán tomados da fin da penúltima volta completada antes de que o sinal de suspensión sexa dado. 
  17. BBC, ed. (05-05-2009). "Drivers back Malaysia abandonment". BBC Sport. Consultado o 05-05-2009. 
  18. 18,0 18,1 BBC, ed. (06-04-2009). "Malaysia start time under review". BBC Sport. Consultado o 06-04-2009. 
  19. BBC, ed. (29-03-2009). "Vettel gets 10-place grid penalty". BBC Sport. Consultado o 03-04-2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 2009
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2009
Carreira seguinte:
Gran Premio da China de 2009
Carreira anterior:
Gran Premio de Malaisia de 2008
Gran Premio de Malaisia Carreira seguinte:
Gran Premio de Malaisia de 2010