Gran Premio de Alemaña de 1961

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alemaña Gran Premio de Alemaña de 1961
Detalles da carreira
Carreira 6 de 8 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1961.
Trazado do circuíto de Nurburgring
Trazado do circuíto de Nurburgring
Data 6 de agosto de 1961
Nome oficial XXIII Großer Preis von Deutschland
Localización Nürburgring
Nürburg, Alemaña
Percorrido Percorrido permanente de carreira
22´810 km
Distancia 15 voltas, 342´150 km
ClimaHúmido
Pole position
Piloto Phil Hill Ferrari
Tempo 8.55.2
Volta rápida
Piloto Phil Hill Ferrari
Tempo 8.57.8 na volta 10
Podio
Primeiro Stirling Moss Lotus-Climax
Segundo Wolfgang von Trips Ferrari
Terceiro Phil Hill Ferrari

O Gran Premio de Alemaña de 1961 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 6 de agosto de 1961 no circuíto de Nürburgring Nordschleife. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1961 e a carreira número 100 desde que se estableceu o Campionato do Mundo en 1950.

Stirling Moss no seu Lotus

A carreira foi gañada polo piloto británico Stirling Moss pilotando un Lotus 18/21 para o equipo privado Rob Walker Racing Team. Moss comezou desde a segunda fila da grella e liderou todas as voltas da carreira. Foi a primeira vitoria nun Gran Premio de Alemaña dun coche con motor traseiro desde que o Auto Union Tipo C de Bernd Rosemeyer lograra a vitoria en 1936. Moss terminou a pouco máis de 20 segundos por diante dos Ferrari 156 pilotados por Wolfgang von Trips e Phil Hill, rompendo unha serie de catro carreiras consecutivas de vitorias de Ferrari. O resultado levou a Moss ao terceiro lugar no campionato, converténdose no único piloto fora do trío de pilotos de Ferrari, Von Trips, Hill e Richie Ginther, que seguian en carreira con posibilidades de converterse no campión do mundo de 1961 a falta das dúas carreiras restantes.

Foi a última aparición no seu país de orixe do líder von Trips antes da súa morte no Gran Premio de Italia cinco semanas máis tarde. O seu segundo posto asegurou a Ferrari o campionato de construtores.

Remataron 17 pilotos dos 26 que comezaron a carreira clasificados aínda que Bernard Collomb co seu (Cooper T53) non clasificou ó non completar o 75% da distancia da carreira.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltass Tempo/Retirada Grella Puntos
1 7 Stirling Moss Lotus-Climax 15 2:18:12.4 3 9
2 3 Alemaña Wolfgang von Trips Ferrari 15 +21.4 segs 5 6
3 4 Phil Hill Ferrari 15 +22.5 segs 1 4
4 14 Jim Clark Lotus-Climax 15 +1:17.1 8 3
5 18 John Surtees Cooper-Climax 15 +1:53.1 10 2
6 2 Bruce McLaren Cooper-Climax 15 +2:41.4 12 1
7 9 Dan Gurney Porsche 15 +3:23.1 7
8 5 Richie Ginther Ferrari 15 +5:23.1 14
9 28 Jackie Lewis Cooper-Climax 15 +5:23.7 18
10 19 Roy Salvadori Cooper-Climax 15 +12:11.5 15
11 33 Tony Maggs Lotus-Climax 14 +1 volta 22
12 30 Ian Burgess Cooper-Climax 14 +1 volta 24
13 11 Alemaña Hans Herrmann Porsche 14 +1 volta 11
14 31 Países Baixos Carel Godin de Beaufort Porsche 14 +1 volta 17
15 37 Tony Marsh Lotus-Climax 13 +2 voltas 20
16 27 Gerry Ashmore Lotus-Climax 13 +2 voltas 25
Ret 6 Bélxica Willy Mairesse Ferrari 13 Accidente 13
Ret 20 Francia Maurice Trintignant Cooper-Maserati 12 Motor 21
NC 38 Francia Bernard Collomb Cooper-Climax 11 Non Clasificado 26
Ret 32 Italia Lorenzo Bandini Cooper-Maserati 10 Motor 19
Ret 16 Tony Brooks BRM-Climax 6 Motor 9
Ret 8 Jo Bonnier Porsche 5 Motor 4
Ret 26 Alemaña Wolfgang Seidel Lotus-Climax 3 Dirección 23
Ret 17 Graham Hill BRM-Climax 1 Accidente 16
Ret 15 Innes Ireland Lotus-Climax 1 Lume 6
Ret 1 Australia Jack Brabham Cooper-Climax 0 Accidente 2
Ret 10 Alemaña Edgar Barth Porsche Coche non listo
Ret 12 Masten Gregory Cooper-Climax Coche pilotado por Burgess
Ret 25 Suíza Michael May Lotus-Climax Accidente na práctica
Ret 29 Suíza Piero Monteverdi MBM-Porsche
Ret 34 Italia Renato Pirocchi Cooper-Climax
Ret 35 Geoff Duke Cooper-Climax Coche non preparado
Ret 39 John Campbell-Jones Cooper-Climax

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1961
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1961
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1961
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1959
Gran Premio de Alemaña Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1962