Gran Muralla Verde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foto satélite do Sáhara.

A Gran Muralla Verde é unha inicitiva africana para combater os efectos do cambio climático e a desertización. Liderada pola Unión Africana, a iniciativa tenta transformar a vida de millóns de persoas creando un gran mosaico verde ó longo de África do Norte, o Sahel e o Corno de África.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

A partir da idea inicial que consistía en crear unha liña de árbores de leste a oeste a través do deserto de África, a visión dunha Gran Muralla Verde evolucionou cara a un mosaico de intervencións involucrando á xente do Sahel e do Sáhara. Como ferramenta de desenvolvemento rural, o obxectivo xeral desta asociación subrexional é fornecer a capacidade de recuperación das persoas e os sistemas naturais da rexión grazas á xestión de ecosistemas, a protección da herdanza rural e a mellora das condicións de vida das poboacións locais.[2]

Mecanismo[editar | editar a fonte]

Mediante unha mellora nos ingresos das comunidades locais, a Iniciativa para a Gran Muralla Verde do Sáhara e o Sahel será tamén unha resposta global ó efecto combinado da degradación dos recursos naturais e a seca nas zonas rurais. A Iniciativa é unha asociación que apoia o esforzo das comunidades locais no uso e xestión sostibles dos bosques, pasteiros e outros recursos naturais nas terras secas. Asemade, contribúe á adaptación e mitigación dos efectos do cambio climático, mellorando á vez a seguridade alimentaria no Sáhara e o Sahel.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "GGWSSI | Great Green Wall for the Sahara and the Sahel Initiative". www.greatgreenwallinitiative.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2017. 
  2. País, Ediciones El (8 de maio de 2016). "A un lado el desierto, al otro verde". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2017. 
  3. "Le projet africain de Grande Muraille Verte. Le Comité Scientifique …". archive.ph (en francés). 2012-08-01. Archived from the original on 01 de agosto de 2012. Consultado o 2022-08-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]