Gorilla beringei graueri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gorilla beringei graueri

Macho adulto.
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Gorilla
Especie: 'G. beringei'
Subespecie: G. b. graueri
Nome trinomial
Gorilla beringei graueri
(Matschie, 1914)
Área de distribución (en cor verde).
Área de distribución (en cor verde).

Área de distribución (en cor verde).

O Gorilla beringei graueri é unha das dúas subespecies do Gorilla beringei. Trátase dun animal endémico dos bosques montañosos do leste da República Democrática do Congo. As maiores poboacións viven no Parque Nacional de Kahuzi-Biega, no Parque Nacional de Maiko e nos bosques adxacentes, a Reserva de gorilas de Tayna, o bosque de Usala e nas Montañas Itombwe.

É o meirande das catro subespecies de gorila existentes. Ó igual que o Gorilla beringei beringei, a súa pelaxe é enteiramente negra, aínda que máis curta na testa e no corpo. A pelaxe dos machos, como ocorre co resto dos gorilas, tórnase gris no lombo cando o animal madura.

En comparanza co Gorilla gorilla gorilla, o gorila oriental é moito menos abondoso, xa que se estima que hai uns 5.000 en liberdade, mentres que a variedade occidental rolda os 100.000.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Plumptre, A.; Nixon, S.; Caillaud, D.; Hall, J. S.; Hart, J. A.; Nishuli, R.; Williamson, E. A. (2016). "Gorilla beringei ssp. graueri". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T39995A17989838. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  2. Pickrell, J. "Eastern lowland gorilla numbers plunge to 5,000, study says". Consultado o 29 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]