Google Earth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Google Earth
Logotipo do software
Captura da interface do Google Earth
Desenvolvedor(es)Google
Última versión7.3.0
Escrito enC++
Sistema operativoWindows, Mac OS X, Linux, Android, iOS
Lingua/sMultilinguaxe
Galego: Non
TipoXeomática
LicenzaFreeware / software propietario
Sitio webearth.google.com

Google Earth é un programa informático similar a un sistema de Información xeográfica creado pola empresa Keyhole, Inc., inicialmente baixo o nome de EarthViewer 3D. Permite visualizar imaxes en tres dimensións do planeta, combinando fotos de satélite, mapas e o motor de procura de Google que permite ver imaxes a escala dun lugar específico do planeta. En 2013 converteuse no programa máis popular para visualizar cartografía, con máis de mil millóns de descargas.

Controversias[editar | editar a fonte]

Vídeo time-lapse do glaciar Columbia en Alasca, incorporado en Google Earth.
  • O antigo presidente da India, A.P.J. Abdul Kalam pronunciouse en contra da dispoñibilidade de imaxes de satélite dalgúns lugares secretos. En resposta, Google decidiu desenfocar estas imaxes.[1]
  • O goberno surcoreano protestou alegando que as imaxes do palacio presidencial de Seúl dispoñíbeis en Google Earth serían de total importancia para os inimigos norcoreanos.
  • En outubro de 2007, The Guardian informou de que as Brigadas dos Mártires de Al-Aqsa estaban usando o software para planificar ataques terroristas contra Israel.[2]
  • Heidy, unha implicada nos atentados de Bombai do 26 de novembro de 2008, admitiu que utilizou o Google Earth para planificar os ataques.[3]
  • Varias persoas tomando o sol espidas nas súas casas e xardíns foron capturadas nas fotos e presentaron unha demanda contra Google.[4]
  • En 2016 unha petición de Change.org recolleu máis de 5000 sinaturas para que Google empregue os topónimos galegos.[5] En 2017 o Parlamento Galego solicitou a Google que respecte os topónimos galegos en Google Earth.[6] A Mesa pola Normalización Lingüística volveu solicitalo en 2022.[7] En 2023 Google continúa a empregar os topónimos castelanizados.
  • Os creadores da empresa ART+COM Studios sosteñen que Google Earth foi copiado do seu programa Terravision. A miniserie de Netflix The Billion Dollar Code de 2021, está inspirada nese proceso de infracción de patentes do algoritmo.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.