Gondar, Sanxenxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Tomé de Gondar
Capela de san Tomé
ConcelloSanxenxo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°26′01″N 8°49′53″O / 42.43361111, -8.83138889Coordenadas: 42°26′01″N 8°49′53″O / 42.43361111, -8.83138889
Área4,09 km²
Poboación816 hab. (2016)
Densidade199,51 hab./km²
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

San Tomé de Gondar é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 816 habitantes (417 mulleres e 399 homes), o que significa un descenso de poboación respecto ós anos anteriores: en 2009 tiña 852 habitantes, e no ano 2000 eran 829 habitantes. Distribúense en 11 entidades de poboación.

Gondar no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752.

Situada no norte do concello, linda ó nordés co concello de Meaño (parroquia de Dena); ó sueste coa parroquia de Nantes; ó sur coa de Adina, ó suroeste coa de Noalla e ó noroeste coa de Vilalonga.

Na división territorial eclesiástica, a parroquia de Gondar anexionouse á de San Pedro de Vilalonga. Por ese motivo, igual que acontece coa parroquia de Arra, non figura como parroquia na páxina web do concello de Sanxenxo.[2]

Toponimia[editar | editar a fonte]

Segundo Nicandro Ares Gondar deriva do antropónimo gótico gontarius que sería o posuidor da vila.[3]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Gondar[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Gondar no concello de Sanxenxo (Pontevedra)

A Bouza | O Carballo | Gondar de Abaixo | Gondar de Arriba | Gondariño | A Lomba | O Outeiro | Peai | Pedreiras | A Roza Vella | A Xunca Branca

Parroquias de Sanxenxo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo

Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]