Golfo de Omán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 24°43′14″N 58°19′35″L / 24.72056, -58.32639

Golfo de Omán
خليج عمان (khalīj ʿumān) - دریای عمان (daryā-ye ʿomān)
Localización administrativa
Estado Emiratos Árabes Unidos
Irán
Omán
Paquistán
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Índico
ContinenteAsia
Xeografía
Mares contiguosMar Arábigo e golfo Pérsico
Illas interioresQeshm (1 491 km²) (IRN)
Cidades ribeiregasSohar, Mascate e Sûr (OMN) e Jāsk e Chāhbahār (IRN)
Accidentes
EstreitosEstreito de Ormuz (co golfo Pérsico)
Características
Lonxitude máxima560 km
Profundiade máxima3 692 m
Profundidade media50-200 m
Mapa

Localización do golfo

División política do golfo
Golfo de Omán.
Estreito de Ormuz, no Golfo de Omán.

O golfo de Omán ou mar de Omán (en árabe خليج عمان, Khalij 'Omán) é un entrante norte-occidental do mar Arábigo que, a través do estreito de Ormuz, comunícase co golfo Pérsico. Ten uns 560 km de lonxitude, 320 km de anchura e unha profundidade media que vai dos 50 m no oeste ata os 200 m ao leste.

Como vía de acceso ao golfo Arábigo, o golfo de Omán ten unha gran significación estratéxica, posto que os estados do Golfo teñen importantes reservas de cru, vitais para a economía mundial.

O golfo de Omán baña, ao norte, as costas da Irán, ao oeste as dos Emiratos Árabes Unidos e, ao sur, as de Omán, onde se atopa Mascate, a principal cidade costeira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]