Gladys West

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGladys West

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Gladys Mae Brownies Editar o valor em Wikidata
27 de outubro de 1930 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Sutherland, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónVirginia State University (en) Traducir
Universidade de Oklahoma (pt) Traducir
Instituto Politécnico e Universidade Estadual da Virgínia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemática , agrimensora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNaval Surface Warfare Center Dahlgren Division (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios

WikiTree: Brown-118019

Gladys Mae West (tamén coñecida como Gladys West, ou o seu nome de nacemento Gladys Mae Brown) nada en Dinwiddie o 1 de xuño de 1931, é unha matemática estadounidense recoñecida polas súas contribucións á matemática que fundamentan os Sistemas de Posicionamento Global, máis coñecidos polas súas siglas en inglés GPS (Global Positioning System).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e adolescencia[editar | editar a fonte]

West naceu no Condado de Dinwiddie, Virxinia, no seo dunha familia de agricultores que traballaban a terra en Aparcería. Grazas á obtención dunha bolsa por ser a mellor da súa clase en secundaria, estudou matemáticas na Universidade Estatal de Virxinia. Despois de graduarse dedicouse ao ensino ao redor de dous anos.

Carreira[editar | editar a fonte]

En 1956 Westt empezou a traballar na división de Dahlgren do Centro para a Guerra de Superficie Naval, onde foi a segunda muller negra contratada na historia do Centro. West empezou a recompilar datos de satélites, para finalmente utilizalos no desenvolvemento do Sistema de Posicionamento Global[1]. O seu supervisor Ralph Neiman recomendouna como directora do proxecto de altimetría do radar de Seasat, o primeiro satélite que podía detectar remotamente océanos.[2][3] En 1979, Neiman recomendou a West para unha mención.[4] West foi programadora na División de Dahlgren para ordenadores a grande escala e directora do proxecto para sistemas de procesamento de datos utilizado na análise de datos de satélites.[5]

Informe do procesamento de datos para GeoSat por Gladys West

En 1986, West publicou "Data Processing System Specifications for the Geosat Satellite Radar Altimeter", unha guía ilustrada de 60 páxinas. A guía do Centro de Armas de Superficie Naval (NSWC) foi publicada para explicar como aumentar a exactitude da estimación de "alturas de xeoide e reflexión vertical", temas de xeodesia de satélites. Isto conseguiuse mediante o procesamento de datos creado dende a radio altimeter sobre o satélite Geosat, que entrou en órbita o 12 de marzo de 1984.[6] Ela traballou en Dahlgren durante 42 anos, retirándose en 1998.[7] As súas contribucións ao GPS foron só descubertas cando un membro da irmandade de West, Alfa Kappa Alfa, leu unha biografía curta que West enviara para unha función.[8]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Coñeceu ao seu marido Ira West na base naval e casaron en 1957.[9] En febreiro de 2018, cando West vivía no Condado King George, Virxinia, completou un doutoramento, vía un programa de aprendizaxe a distancia, con Virxinia Tech.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gladys West's work on GPS 'would impact the world'". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2018. Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  2. "Seasat". Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  3. "NASA - NSSDCA - Spacecraft - Details". Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  4. "Celebrate Black History Month: When you use your GPS, remember Gladys West | The Atlanta Voice". 7 de febreiro de 2018. Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  5. "Forum to Recount Impact of the War Years on Dahlgren and Region". 11 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2021. Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  6. "Data Processing System Specifications for the Geosat Satellite Radar Altimeter" (PDF). Naval Surface Weapons Center. 1986. Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  7. Dyson | AP, Cathy (1 de febreiro de 2018). "Gladys West's work on GPS 'would impact the world'" (en inglés). ISSN 0190-8286. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2018. Consultado o 4 de maio de 2021. 
  8. Cathy Dyson (19 de xaneiro de 2018). "Gladys West's work on GPS 'would impact the world'". Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  9. "Sppt 061915". Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  10. "Meet Gladys West: One Of The 'Hidden Figures' Behind The Creation Of The GPS System". Consultado o 9 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]