Giancarlo Fisichella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGiancarlo Fisichella

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Altura172 cm Editar o valor em Wikidata
Peso68 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo
pádel Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaFisichella Editar o valor em Wikidata

Páxina webgiancarlofisichella.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: OfficialFisico Editar o valor em Wikidata

Giancarlo Fisichella, nado en Roma o 14 de xaneiro de 1973, é un expiloto de Fórmula 1 italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1984 e 1988 competiu en karts, pero xa en 1989 comezaba a despuntar, quedando 2º no karting de Europa e 4º no karting Internacional. Ao ano seguinte quedou en quinta posición no karting de 100 cc de Italia.

No 1991 debutou na Fórmula Alfa pero sen conseguir gran resultado. Do 1992 ao 1994 debutou na Fórmula 3000, dedicándose no ano 1995 á DTM.

Giancarlo Fisichella pilotando un Jordan en Indianápolis no 2002.

Comezou na Fórmula 1 no 1996 en Minardi, conseguiu unha 17ª praza e ningún punto, retirouse a media tempada e foi substituído por Giovanni Lavaggi. Ao ano seguinte debutou con Jordan logrando unha oitava praza no Mundial, onde se subiu por primeira vez ao podio.

No ano 1998 trasladuse a Benetton e nesa mesma escudería e ese mesmo ano conseguiu a súa primeira pole position. En Benetton permaneceu catro tempadas, as tres últimas bastantes distintas da primeira, pois non acadaba moi bos resultados. Logo Reanult comprou a Benetton e Fisichella non se conservou como piloto oficial.

A súa mellor tempada realizouna no ano 2000, onde, pese á pouca competitividade do seu monopraza, logrou tres podios, no Brasil, no Canadá e Mónaco, que o levaron a lograr a súa mellor clasificación, cun sexto posto final.

No Mundial do 2001 tivo unha discreta actuación cun podio, no Brasil, e outras dúas carreiras entre os puntos. Antes da temporada, Flavio Briatore, o xefe do equipo, xa anunciou que non continuaría en Benetton e no 2002 estreouse en Jordan despois duns anos sen estar nesa escudaría.

Estivo en Jordan até o 2004, ano no que se foi para a Sauber, conseguindo nela un 11º posto con 22 puntos. Este ano 2005 está en Renault, de novo baixo o mando de Flavio Briatore e ten de compañeiro ao español Fernando Alonso.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Pesa 71 kg e mide 1,70 metros. Residen en Montecarlo, e está solteiro malia que ten un fillo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]