Georgia Aquarium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Georgia Aquarium

O Georgia Aquarium é un acuario situado en Atlanta, Xeorxia (Estados Unidos). Contén máis de 100.000 animais, representando 500 especies, en 38,000 m³ de auga mariña [1][2] e foi o acuario máis grande do mundo cando abriu no 2005.[3]

Construción[editar | editar a fonte]

Financiado principalmente cunha doazón de US$250 millóns por parte do fundador de Home Depot, Bernie Marcus, foi construído nun terreo de 8,1 hectáreas ao norte do Centennial Olympic Park no centro da cidade. Ao celebrar Marcus o seu aniversario 60 no Monterey Bay Aquarium (en Monterey, California), en 1990, sentiu o desexo de construír un moi grande en Atlanta.[4]

Apertura[editar | editar a fonte]

O acuario abriu por primeira vez as súas portas o 21 de novembro de 2005 para os posuidores de pase anual, e 2 días despois ao público en xeral. A US$22'75 por adulto, o boleto de entrada está entre os máis caros do país, malia ser sen fins de lucro. Malia iso, excedeu pronto as súas expectativas, pois o 1 de marzo de 2006 alcanzou o millón de visitantes, só 98 días despois da súa inauguración.[5] Logo de vender máis de 290.000 pases anuais no seu primeiro ano, suspendeu a súa venda para evitar que se convertese nun "club privado".[5]

Colección[editar | editar a fonte]

O acuario contén máis de 100.000 animais, de 500 especies diferentes. A maioría dos animais foron transportados desde Taiwán a Atlanta pola UPS (que ten a súa sede en Atlanta, en 42 tanques nun MD-11. UPS doou o custo do flete, estimado en máis de 200.000 dólares.

Entre os seus residentes destacan 4 tiburóns baleas mozos, tamén de Taiwán, e 5 belugas, 2 delas levadas desde México e as outras 3 desde o acuario de Nova York. É a primeira vez que uns tiburóns balea viven nun acuario fóra de Asia, e están nun tanque con 23.500 m³ de auga, é dicir, algo así como o 70% da auga total dos tanques do acuario. En 2008 converteuse no cuarto acuario do mundo en expoñer unha mantarraia cun exemplar traído de Durban. En 2009 engadiuse unha segunda mantarraia. En 19 de xullo de 2010, o Acuario de Georgia anunciou que adquirira outra mantarraia, unha femia de 8 pés fronte á costa de Florida.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Georgia Aquarium:Georgia Aquarium to Be Home to More Than 100,000 Fish. Arquivado 24 de decembro de 2013 en Wayback Machine.. Consultado o 24 de decembro de 2013
  2. Georgia Aquarium: AT&T Dolphin Tales. Arquivado 24 de decembro de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 24 de decembro 2013
  3. "Aquarium sets Guinness record". Associated Press (Atlanta Journal-Constitution). 2010-08-23. Archived from the original on 29 de xuño de 2011. Consultado o 2010-08-24. 
  4. Huettel, Steve (2009-06-30). "Jeff Swanagan, who turned around Florida Aquarium, dies at 51". St. Petersburg Times. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2009. Consultado o 2009-07-12. 
  5. 5,0 5,1 No fish story: Aquarium draws million in 3 months David E. Williams, CNN, 1 March 2006. Retrieved 24 August 2006

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]