George Abbey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGeorge Abbey

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1932 Editar o valor em Wikidata
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 2024 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Houston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónAir Force Institute of Technology (en) Traducir - enxeñaría eléctrica (–1959)
Academia Naval dos Estados Unidos (pt) Traducir - ciencia (–1954) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro , aviador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

George William Samuel Abbey, nado o 21 de agosto de 1932 e finado o 24 de marzo de 2024, foi un enxeñeiro estadounidense que foi xefe de operacións dos transbordadores espaciais e da selección de astronautas no período entre 1976 e 2003.[1][2]

Biografía[editar | editar a fonte]

George Abbey naceu en Seattle (Washington) o 21 de agosto de 1932. Graduouse na Academia Naval dos Estados Unidos en 1954 e serviu na Forza Aérea, acumulando 4000 horas de voo. Acadou un máster en enxeñería eléctrica no Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea en 1959 e comezou a traballar para a NASA en 1964 como capitán da Forza Aérea asignado ó programa Apolo. Deixou a Forza Aérea en decembro de 1967, sendo nomeado axudante técnico do director da NASA en Houston. Recibiu a Medalla da Liberdade polo seu traballo durante o incidente do Apollo 13 e en xaneiro de 1976 foi nomeado director de operacións de voo. En 1983 foi nomeado director de operacións da tripulación de voo. En marzo de 1988 pasou a ser Administrador Asociado de Voos Espaciais e en xullo de 1990 foi seleccionado como axudante de operacións. Trala elección de Daniel Goldin como administrador da NASA en 1992, Abbey foi elixido como Asistente Especial do Administrador e en 1994 foi enviado a Houston como Subdirector para pasar a ser nomeado Director en 1996. En febreiro de 2001 foi nomeado Asistente Sénior para Asuntos Internacionais. Retirouse o 3 de xaneiro de 2003, falecendo o 24 de marzo de 2024.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2011). "Abbey" (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 Kelly Humphries / Nilufar Ramji (25 de marzo de 2024). NASA, ed. "NASA Remembers Former NASA Johnson Director George W. S. Abbey" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]