García Sánchez de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGarcía Sánchez de Castela
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1008 Editar o valor em Wikidata
Morte13 de maio de 1029 Editar o valor em Wikidata (20 anos)
León Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Count of Castile (en) Traducir
1017 – 13 de maio de 1029 Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante , guerreiro Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCount of Castile (en) Traducir
Count of Monzón (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Lara (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeSancha I de Galicia Editar o valor em Wikidata
PaisSancho Garcia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Urraca Gómez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMunia Sánchez de Castela Editar o valor em Wikidata
ParentesSancho III O Maior (cuñado) Editar o valor em Wikidata

García Sánchez de Castela, nado en 1009 e finado en 1028, foi conde de Castela entre os anos 1017 e 1028.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pertenceu á estirpe de Fernán González, quen foi o seu bisavó. Sucedeu ao seu pai Sancho García cando era tan só un neno. A rexencia durante a minoría do Conde exercérona diversos magnates casteláns e Dª Urraca, a súa tía, irmá do seu pai.

En 1028 deixa concertado o pacto matrimonial para casar coa infanta Sancha, filla do rei de Galiza Afonso V.

No ano 1028 atopándose no pazo real na cidade de León, decide ir coñecer á súa prometida, nesta viaxe acompáñalle Sancho III O Maior. De camiño, foi asasinado xunto á igrexa de San Xoán Bautista de León.

O Romance do Infante García e as crónicas posteriores relátannos que este asasinato se produciu por integrantes da familia Vela á que o conde castelán Fernán González arrebatara os dominios alaveses. Con todo, non existen datos históricos que permitan xustificar o feito de que esta familia fose a causante do asasinato.

Herdou o condado Sancho III O Maior por estar casado con Munia Sánchez de Castela, irmá do defunto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pérez de Urbel, Justo (1945). Historia del Condado de Castilla, Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. en español
  • Martínez Díez, Gonzalo (2004). El Condado de Castilla (711-1038). La historia frente a la leyenda, Valladolid: Xunta de Castela e León. ISBN 84-8718-275-8. en español