Gao Xingjian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGao Xingjian

(2012) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(zh) 高行健 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1940 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Ganxian District (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China
Francia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Estudos Estrangeiros de Pequim (pt) Traducir
Nanjing Jinling High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , dramaturgo , crítico literario , director de cinema , novelista , pintor , tradutor , guionista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de China Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua chinesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Gao Xingjian (chinés tradicional e simplificado: 高行健; pinyin: Gāo Xíngjiàn; Wade-Giles: Kao1 Hsing2-chien4), nado en Ganzhou, China, o 4 de xaneiro de 1940, é un escritor en chinés.[1] Na actualidade reside en Francia e é cidadán francés. No ano 2000 obtivo o Premio Nobel de Literatura.

É dramaturgo e novelista. A súa obra máis importante é a novela Lingshan 靈山 ("A montaña da alma", 1989).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na localidade de Ganzhou, na provincia de Jiangxi, estudou francés na Universidade de Pequín. Tras licenciarse, traballou como tradutor de francés na China.

A súa obra reflicte influencias do modernismo e o teatro do absurdo. Foi contratado como guionista do Teatro Popular das Artes de Pequín, onde en 1982 se representou a súa primeira obra, Juedui xinhao 絕對信號 ("O sinal de alarma"), escrita en colaboración con Liu Huiyuan. A súa segunda obra, Chezhan 車站 ("A parada de autobús") estreouse en 1983, dirixida, do mesmo xeito que Juedui xinhao, por Lin Zhaohua. Na representación, esta obra seguía a unha peza curta de Lu Xun, na que o seu protagonista acababa poñéndose na cola dunha parada de autobuses. Así, enlazábanse o final da obra de Lu Xun co comezo de Chezhan. Esta obra, a máis famosa das súas composicións para teatro, ten certas similitudes con Á espera de Godot, cun toque de darwinismo social. Na obra empréganse numerosas expresións locais, cunha linguaxe moi pequinesa, ao estilo da famosa obra de teatro Chaguan de Lao She.

A "Campaña contra a Contaminación Intelectual" emprendida polo Goberno chinés a mediados dos anos 1980, causoulle problemas coa censura, e a estrea da súa terceira obra, Yeren 野人 ("O salvaxe"), pospúxose ata 1985. A partir de 1986 prohibiuse a representación das súas obras novas.

En 1987 viaxa a París e queda vivindo alí. Xa non volverá a China. En Francia acaba a súa obra mestra, a novela Lingshan 靈山 ("A montaña da alma", 1989).

No ano 2000, concedéuselle o Premio Nobel de Literatura. A noticia foi recibida con indignación por parte das autoridades chinesas, e os medios de comunicación da China continental non informaron sobre a concesión do premio.

A concesión do premio Nobel deulle fama mundial. As súas obras empezaron a traducirse ao español e outros moitos idiomas a partir dese momento.

Obra[editar | editar a fonte]

A continuación listanse algunhas das súas obras máis representativas.

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Lingshan 靈山 / 灵山 ("A montaña da alma, 1989).
  • Yige ren de shenjing 一個人的神經 / 一个人的神经 ("A biblia dun home solitario", 1999).

Obras de teatro[editar | editar a fonte]

  • Juedui xinhao 絕對信號 ("O sinal de alarma", 1982)
  • Chezhan 車站 ("A parada de autobús", 1983)
  • Yeren 野人 ("O salvaxe", 1985)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Nobel Prize in Literature 2000". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2023-12-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]