Frank Sinatra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frank Sinatra
Nome completoFrancis Albert Sinatra
AliasA Voz
Data nacemento12 de decembro de 1915
Nado enHoboken
Falecemento14 de maio de 1998
 Os Ánxeles
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoDesert Memorial Park
CónxuxeNancy Sinatra, Ava Gardner, Mia Farrow e Barbara Sinatra
FillosNancy Sinatra, Frank Sinatra Jr. e Tina Sinatra
Ocupaciónactor de televisión, actor de cinema, actor, cantante, actor de dobraxe, músico de jazz, produtor de cinema, artista discográfico e director de cinema
Instrumento(s)voz
Na rede
http://www.sinatra.com e http://www.sinatra.com/
IMDB: nm0000069 Allocine: 1952 Rottentomatoes: celebrity/frank_sinatra Allmovie: p111632 TCM: 178264 TV.com: people/frank-sinatra IBDB: 79640
Facebook: sinatra Twitter: FrankSinatra Youtube: UCJtvg6ZFwzdFdtcHBqetvwg Spotify: 1Mxqyy3pSjf8kZZL4QVxS0 iTunes: 171366 Last fm: Frank+Sinatra Musicbrainz: 197450cd-0124-4164-b723-3c22dd16494d Songkick: 404713 Discogs: 52833 Allmusic: mn0000792507 WikiTree: Sinatra-1 Find a Grave: 2953 Deezer: 617 Genius: Frank-sinatra Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Francis Albert Sinatra, máis coñecido como Frank Sinatra, nado en Hoboken o 12 de decembro de 1915 e finado nos Ánxeles o 14 de maio de 1998, foi un cantante e actor estadounidense. Alcumado "A Voz", foi unha das figuras máis importantes da música popular do século XX. A súa popularidade chegou a ser inmensa e practicamente constante ao longo da súa vida, aínda que foron especialmente exitosos os anos corenta e cincuenta. Foi esta última década, coa súa produción discográfica para a compañía Capitol, a considerada como a súa etapa de maior calidade artística como cantante.

Estilo e características[editar | editar a fonte]

O seu repertorio baseouse na obra dos máis importantes compositores populares estadounidense, como Jimy Van Heuse, Cole Porter, Smmy Cahn ou George Gershwin, e o seu estilo sintetizou, xa nas súas orixes, quince anos de influencias mutuas entre a música de inspiración jazzística e a música pop que empezaba a difundirse a través da radio. Sinatra construíu o seu estilo sobre a base dunha comprensión natural da música popular, tal como a entenderon Bing Crosb, Fred Astaire, Benny Goodman e Louis Armstrong, explotando a idea de que esta, en todas as súas vertentes, debería ser unha extensión da fala.

Frank Sinatra, 1947

Tecnicamente, caracterizouse pola súa coidada precisión no fraseo e o seu dominio do control da respiración; o rango da súa voz estaba próximo ao de barítono. En canto á súa categoría artística, esta radica na súa capacidade interpretativa para transmitir as emocións e sentimentos implícitos nas letras das cancións. En Sinatra, calquera tipo de consideración vocal e, incluso, musical, resultan secundarias respecto da que é a súa misión principal: contar unha historia da forma máis expresiva posible.

A Sinatra recoñéceselle historicamente ser o primeiro cantante que fixo uso conscientemente dos medios de amplificación do son co obxecto de situar a súa voz por encima do son da orquestra (dominadora da música popular estadounidense de principios de século XX) e para aproximala a intimidade do oído do ouvinte.

Como actor, Sinatra foi un artista de tipo intuitivo, remiso a someterse os ensaios e repeticións habituais na gravación, polo que as súas interpretacións foron emocionalmente intensas ao tempo que irregulares. A importancia na súa vida do seu traballo actoral foi capital; por exemplo foi precisamente a través do seu papel en De aquí á eternidade como logrou saír dunha crise persoal e artística no tránsito dos anos corenta aos cincuenta para ascender ao máis alto da súa popularidade, ademais de gañar pola súa interpretación o Oscar ao mellor actor secundario.

Na da súa carreira profesional, Sinatra gravou máis de 1300 cancións e participou en máis de cincuenta películas. Recibiu multitude de premios e homenaxes, entre os que contan dez Grammys, o Premio da Academia de Artes e Ciencias da Gravación e a Medalla da Liberdade do goberno estadounidense.

Discografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Discografía de Frank Sinatra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]