Francisco Macías Nguema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para ver o artigo do editor galego, diríxase a Paco Macías.
Infotaula de personaFrancisco Macías Nguema

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Francisco Macías Nguema Biyogo
(mul) Masie Nguema Biyogo Ñegue Ndong Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Mez-m Ngueme Editar o valor em Wikidata
1 de xaneiro de 1924 Editar o valor em Wikidata
Mongomo (Imperio Español) Editar o valor em Wikidata
Morte29 de setembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Black Beach, Guinea Ecuatorial (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaMalabo cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
President of Equatorial Guinea (en) Traducir
12 de outubro de 1968 – 3 de agosto de 1979
← sen valor – Teodoro Obiang Nguema → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuinea Ecuatorial Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnited National Workers' Party (en) Traducir (1970–1979)
Popular Idea of Equatorial Guinea (en) Traducir (1968–1970)
Movimiento Nacional de Liberación de Guinea Ecuatorial (en) Traducir (1966–1968)
Q33104377 Traducir (1963–1966)
Popular Idea of Equatorial Guinea (en) Traducir (1958–1963) Editar o valor em Wikidata
MovementoAnticolonialismo (pt) Traducir e anti-intelectualismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua fang Editar o valor em Wikidata
Outro
FillosMónica Macías (en) Traducir, Filiberto Ntutumu Nguema (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Condenado porasasinato
Xenocidio
apropiación indebida Editar o valor em Wikidata
Premios

Francisco Macías Nguema, cuxo nome real era Mez-m Ngueme, nado en Nsegayong (Río Muni) en 1924 e finado en Malabo o 29 de setembro de 1979, foi un político da Guinea Ecuatorial, primeiro presidente poscolonial do país, de 1968 a 1979. Ideoloxicamente autodenominábase marxista, aínda que gabou publicamente a figura de Adolf Hitler. O partido á fronte do que estaba era o Partido Único Nacional de Trabajadores (P.U.N.T.).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Francisco Macías Nguema naceu no seo dunha familia pobre. Na década de 1940 afiliouse ó Partido Socialista Guineano. Foi nomeado alcalde de Mongomo polas autoridades coloniais españolas. Máis adiante foi membro do Parlamento territorial. Despois deste e doutros cargos ó servizo da administración española, en 1964 desígnano vicepresidente do goberno autónomo da Guinea Española. En 1965 entra no Exército e acada o grao de xeneral de brigada, con mando sobre uns 8.000 soldados.

Desempeñou un papel moi relevante na caída do goberno, debido fundamentalmente á súa popularidade entre a xente do pobo, que vía nel ó dirixente que os sacaría da miseria. Unha amplísima coalición electoral fixo que lograse a Presidencia da nova República da Guinea Ecuatorial en outubro de 1968, coas bendicións do goberno español do ditador Franco.

Aínda que ata 1972 non se autoproclamou presidente vitalicio do país, con dereito a elixir o seu sucesor, baixo o seu goberno ditatorial nunca se celebraron eleccións libres. Nese momento decidiu asumir, ademais da presidencia vitalicia, os cargos de primeiro ministro e ministro do Exército, Xustiza e Finanzas. Durante a súa presidencia, a Guinea Ecuatorial recibirá o desafortunado apelativo de Auschwitz africano, e destacará polas execucións políticas. O primeiro ministro do período anterior á independencia (goberno autónomo), Bonifacio Ondó Edu, foi difamado, detido e executado na cadea pouco despois da toma de poder por parte de Macías. Outros funcionarios, entre os que estaba o antigo vicepresidente, Edmundo Bossio, suicidáronse durante a súa detención.

Reprimiu con dureza a oposición, tanto conservadora como a de esquerdas, resultando moi autoritario e duro á hora de impoñer as reformas que tiña en mente. As continuas violacións dos dereitos humanos cometidas polo réxime de Macías provocaron o exilio ós países veciños (Camerún e Gabón) ou Europa (España e Francia) de máis dun terzo da poboación total da Guinea Ecuatorial.

Todo o aparato represor do estado ecuatoguineano (exército e garda presidencial) estaban controlados dun xeito absoluto pola familia de Francisco Macías e outros membros do seu clan. O número de mortos baixo a ditadura de Macías depende das fontes consultadas, establecéndose entre 50.000 e 80.000, ou sexa, entre a sexta e a cuarta parte dunha poboación de 300.000 persoas aproximadamente. Salientaremos algunha das súas loucuras como a prohibición de usar a palabra intelectual ou a destrución das embarcacións (prohibiu a pesca). "Africanizou" o seu nome como Masie Nguema Biyogo Ñegue Ndong en 1976 logo de esixir o mesmo ó resto da poboación. As condicións chegaron a ser tan nefastas que ata a súa propia esposa fuxiu do país. Macías desenvolveu un extremado culto á personalidade. Empregou para si títulos como a de "milagre única" e outros similares.

O 3 de agosto de 1979 o seu sobriño Teodoro Obiang Nguema Mbasogo organizou, coa axuda de parte do exército, un golpe de estado que derrocou ó ditador Francisco Macías, quen foi capaz de refuxiarse nun búnker na selva, onde destruíu as reservas de divisas do país (a divisa do momento era o ekwele-bikwele, que mantiña a paridade coa peseta española). O país terá que enfrontarse por isto a unha gravísima crise monetaria. Porén, Macías non logrou reunir os recursos necesarios para oporse a Obiang e foi capturado polos rebeldes pouco tempo despois.

O seu sobriño, Teodoro Obiang, que acabaría sendo á súa vez o novo ditador, someteu a un xuízo sumarísimo diante dun Tribunal Militar, no que Macías foi acusado, entre outras cousas, de xenocidio, deportacións masivas e apropiacións indebidas. Foi condenado á morte o 29 de setembro de 1979 e fusilado inmediatamente. O temor que espertaba entre o pobo era tal que ningún soldado da Guinea Ecuatorial se atreveu a formar parte do pelotón de execución, polo que tiveron que ser soldados marroquís os encargados de disparar. Macías, seguindo o modelo do ditador haitiano François Duvalier empregaba a maxia para atemorizar á poboación.

A día de hoxe, Francisco Macías Nguema está considerado como un dos líderes máis cleptócratas da historia da África poscolonial. Foi comparado con Pol Pot pola súa natureza violenta, imprevisible e anti-intelectual de ámbolos dous réximes.

Efectos do mandato de Macías[editar | editar a fonte]

Durante o seu mandato pódense sinalar:

  • A obriga de chamar ó presidente "Milagre Único da Guinea Ecuatorial".
  • A prohibición de levar zapatos, levando naquel tempo o "MOTOFUT".
  • Renomear todos os nomes con consonancia española.
  • O desmantelamento do ferrocarril.
  • A supresión de hospitais e escolas.
  • A prohibición para os habitantes de pescar na illa.
  • A instalación dunha base secreta de submarinos rusos en Luba (hoxe desmantelada).
  • Ter acabado case co cultivo do cacao, considerado como o mellor do mundo.
Presidente da Guinea Ecuatorial

Segue a:
Goberno colonial español
Francisco Macías Nguema
Precede a:
Teodoro Obiang

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]