Flamengo occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flamengo occidental
West-Vlaams
Falado en: Países Baixos, Bélxica e Francia
Rexións: Flandres Occidental
Total de falantes: 1,4 millóns (1998)
Familia: Indoeuropeo
 Xermánica
  Xermánica occidental
   Neerlandés
    Flamengo occidental
Escrita: alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: vls
Mapa
Status

O flamengo occidental está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O flamengo occidental é un dialecto do neerlandés falado no oeste de Bélxica e nas áreas adxacentes dos Países Baixos e Francia.[2] O flamengo occidental é falado por preto dun millón de persoas na provincia belga de Flandres Occidental, e por máis de 120 000 no distrito costeiro neerlandés de Flandres zelandés (e outros 220 000 se se contan os falantes de zelandés), e unhas 10 000 na parte norte do departamento francés de Norte. Algunhas das principais cidades onde se fala o flamengo occidental son Bruxas, Courtrai, Ostend, Roeselare e Ieper. O dialecto do resto da provincia neerlandesa de Zelandia, o zelandés, é incluído a miúdo como parte do flamengo occidental.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. RL Trask, "Number of Languages", in Language and Linguistics: The Key Concepts, 2nd ed. 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]