Fiorde de Solway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa do Solway Firth

O fiorde de Solway (en inglés Solway Firth) é un fiorde que delimita a fronteira entre Inglaterra e Escocia, entre os condados de Cumbria e de Dumfries and Galloway. O fiorde comprende unha parte do Mar de Irlanda.

O litoral, caracterizado por outeiros de pequena altitude e pequenas montañas, é considerado como o litoral máis senlleiro das Illas Británicas. É esta unha área fundamentalmente rural, coa agricultura xogando un importante papel na economía local, xunto ao turismo. No Solway Firth filmáronse películas, como The Wicker Man de Edward Woodward.