Fillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wait For Me, Daddy (Espérame, papá) de Claud Detloff (1940). Unha das fotografía máis famosas da segunda guerra mundial.

Un fillo é un rapaz, un neno, un home, ou un animal, respecto dos seus pais. O equivalente feminino é filla. Todo neno (e, en definitiva, toda persoa) é un fillo, xa que todo individuo ten uns pais con independencia de que estean vivos ou vivan ou non coa descendencia.

Contexto social[editar | editar a fonte]

En moitas sociedades preindustriais e algúns países actualmente con economía baseada na agricultura, un valor máis alto era, e segue a ser hoxe, asignado ós fillos máis que ás fillas, dando ós homes un status social maior, por ser os homes fisicamente máis fortes, e poder en consecuencia e en teoría realizar tarefas agrícolas de xeito máis eficaz.

Na China, está en vixencia unha política de fillo único para moderar o seu rápido crecemento de poboación. Os rexistros oficiais mostran un aumento no nivel de nacementos masculinos desde que se implantou tal política. Isto foi atribuído a varios factores, incluíndo a práctica ilegal do aborto segundo o sexo e gran cantidade de nacementos femininos non reportados.

Nas sociedades que practican a primoxenitura, os fillos adoitan herdar antes cas fillas.

Usos particulares do termo fillo[editar | editar a fonte]

Adóitase chamar fillo tamén, a por exemplo unha persoa respecto do seu país, a unha obra produto do enxeño, como expresión de agarimo entre persoas que se queren moito, tamén a unha cousa que procede doutra por procreación (por exemplo un retoño dunha árbore)

Símbolo Cristián[editar | editar a fonte]

No Cristianismo, "o Fillo" refírese a Xesucristo.

Ser Fillo do rigor[editar | editar a fonte]

Na Arxentina adóitase usar esta expresión indicando que alguén actúa adecuadamente só cando se lle castiga ou constrinxe.

Fillo pródigo[editar | editar a fonte]

Chámase así ó fillo que regresa ó fogar paterno, logo de abandonalo durante un tempo tratando de independizarse.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]