Fiji Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fiji Airways
IATA
FJ
OACI
FJI
Indicativo
FIJI
Fundación1947
Inicio das operacións1951
SubsidiariasFiji Link
Frota9
Destinos24
Holdinggoberno de Fidxi
Páxina web: http://fijiairways.com/

Air Pacific Limited, comercializada como Fiji Airways (e anteriormente como Air Pacific), é a aeroliña nacional de Fidxi.[1] Está baseada en Nadi ], e opera servizos internacionais e domésticos a 17 cidades de 10 países ao redor do océano Pacífico. Fiji Airways transporta anualmente a case dous terzos dos visitantes do país.[1]

O primeiro voo comercial realizado como Fiji Airways foi no ano 1951, aínda que a orixe da aeroliña remóntase a Katafaga Estates Ltd., formada en 1947. Despois de ser mercada por Qantas en 1958, Katafaga Estates foi reestruturada como aeroliña rexional e rebautizada como Air Pacific. En maio de 2012 o CEO David Pflieger anunciou na parte final da súa exitosa recuperación, a aeroliña recuperaría o seu antigo nome e reforzaría o seu papel como aeroliña nacional de Fidxi.[2] O goberno do país posúe o 52% da compañía e Qantas o 46%, estando o resto en mans dos gobernos de distintas illas nación do Pacífico.[1]

A aeroliña vai substituír cinco dos seus Boeing 737 máis vellos polos novos 737 MAX 8 que serán entregados durante a partir do 2018. Dous dos novos aparellos agárdase que cheguen ese ano, e os seguintes durante 2019. Os avións realizarán servizos rexionais cara Australia, Nova Zelandia, Hawai, Kiribati, Samoa, as Illas Salomón, Tonga e Vanuatu.[3]

Frota[editar | editar a fonte]

Airbus A330-200 de Fiji Airways
Boeing 737-800 de Fiji Airways en 2013

En novembro de 2017 frota de Fiji Airways estaba formada polos seguintes avións:[4]

Frota Fiji Airways
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
T V Total
Airbus A330-200 3 0 24 249 273 [5][6]
Airbus A330-300 1 0 24 289 313 [7]
Boeing 737-700 1 0 8 114 122
Boeing 737-800 4 0 8 156 164
162 170
Boeing 737 MAX 8 0 5
TBA
[3]
Total 9 5

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 The Weekend Australian (ed.). "Air Pacific gets first Airbus A330 as part of its Fiji Airways rebranding". Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  2. NBR (ed.). "Air Pacific reverts original Fiji Airways name". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2018. Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Stuff (ed.). "Fiji Airways to add five Boeing 737 MAX 8s". Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  4. Planespotters (ed.). "Fiji Airways Fleet Details and History". Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  5. Airbus (ed.). "Air Pacific selects versatile A330 for fleet renewal and growth". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  6. Australian Business Traveller (ed.). "Fiji Airways expands fleet with new Airbus, Boeing planes". Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  7. Australian Aviation (ed.). "Fiji Airways orders fourth A330". Consultado o 24 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]