Fernanda Botelho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernanda Botelho
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Porto, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte11 de decembro de 2007 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa
Universidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional e actividade tradutora Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , poeta , tradutora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Maria Fernanda de Faria e Castro Botelho, nada no Porto o 1 de decembro de 1926 e finada en Lisboa o 11 de decembro de 2007, foi unha escritora portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era parente afastada do escritor Camilo Castelo Branco. Estudou Filoloxía Clásica nas Universidades de Coímbra e Lisboa, cidade á que se mudaría para ocupar a dirección do departamento belga de turismo entre 1973 e 1983.

Foi cofundadora da revista Távola Redonda,[1] pero tamén colaborou noutras publicacións periódicas, entre as que se atopaban as revistas Europa e Graal.

En termos literarios fixo a súa estrea co libro Coordenadas Líricas (1951).

En 2020 estaba pevista a reedición da súa obra a a creación dunha Casa-Museu no Cadaval.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Crítica[editar | editar a fonte]

Sobre o estilo, o escritor Urbano Tavares Rodrigues di dela que "é dun rigor, dunha orixinalidade tais que a troca dunha simples palabra na maioría das súas frases apagaría intencións. Ese estilo acutilante, irónico, persoalísimo, todo ele nervo e creación, bastaría para impor decisivamente Fernanda Botelho".[3]

O poeta Jorge de Sena afirmou que a súa escrita era "[...] árida, sarcástica, anti-lírica [...] vivendo a súa lucidez na desagregación e pola desagregación dunha desasombrada e cínica visión que usa insolitamente as palabras e os símbolos".[4]

A súa obra narrativa dunha sutileza e axilidade pouco comúns destaca polo dominio do diálogo. Revela unha observación aguda da sociedade portuguesa; os personaxes móvense dentro dunha ética burguesa sen complexos, cos ideais e desencantos dunha xeración de posguerra.[5]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1961: Premio Castelo Branco, grazas á obra A Gata e a Fábula.
  • 1971: Prémio Nacional de Novelística por Lourenço é Nome de Jogral.
  • 1987: Prémio da Crítica por Esta Noite Sonhei com Brueghe.
  • 1990: Prémio Eça de Queiroz por Festa em Casa de Flores.
  • 1995: Prémio P.E.N. Clube Português de Novelística por Dramaticamente vestida de negro
  • Grau de Grande Oficial da Ordem do Mérito
  • Grau da Ordem de Leopoldo I (Bélxica)
  • Medalha de Tradução pola Direção-Geral das Relações Culturais de Itália

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Fernanda Botelho. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-04. 
  2. Portugal, Rádio e Televisão de. "Investigação sobre escritora Fernanda Botelho tem em vista reedição da obra e Casa-Museu". Investigação sobre escritora Fernanda Botelho tem em vista reedição da obra e Casa-Museu (en portugués). Consultado o 2020-04-04. 
  3. "Teresa Veiga "a nossa Elena Ferrante"". mybooksnews.com (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-04. 
  4. "Biografia". livro.dglab.gov.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-04. 
  5. "Fernanda Botelho". www.epdlp.com (en castelán). Consultado o 2020-04-04.