Lingua fante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fante»)
Fante
Falado en: Ghana
Total de falantes: 2.800.000 (2013–2020)
Familia: Atlántico-congolés
 Kwa
  Potou-tano
   Tano
    Tano central
     Akan
      Fante
Escrita: Latino
Regulado por: Comité de Ortografía Akan
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: fat
ISO 639-3: fat
Mapa
Status

O fante está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua fante é unha das tres variedades escritas que forman a lingua akan[2] que emprega o pobo fante que é maioría no centro e oeste de Ghana así como en asentamentos doutras rexións no sur dese país. Fante constitúe a lingua común de comunicación entre os diversos reinos tradicionais fante, cada un dos cales ten o seu propio subdialecto: Agona, Anomabo, Abura, Gomua, Oguaa, Ahanta.

Alfabeto[editar | editar a fonte]

En 1990, a Oficina das Linguas de Ghana publicou unha guía ortográfica para o fante, que é a que se emprega no ensino e é semellante ás outras variedades akan.

alfabeto fante[3]
A B D Ɛ E F G H I K L M N Ɔ O P R S T U W Y Z
a b d ɛ e f g h i k l m n ɔ o p r s t u w y z

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Mary Esther Kropp Dakubu 'The Languages of Ghana: Taylor & Francis (1988), p. 53 e ss.
  3. Language guide : Fante version. Accra : Bureau of Ghana Languages, 1990. ISBN 9964-2-0156-7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]