Fame (sociedade)

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fame negra[1] ou gran fame[2] é unha situación que se dá cando un país ou zona xeográfica non posúe suficientes alimentos e recursos para prover de alimentos á poboación, elevando a taxa de mortalidade debido á fame e á desnutrición.

Segundo o Proxecto Fame das Nacións Unidas, ao redor de 24 000 persoas morren cada día de fame ou de causas relacionadas coa fame.[3] Tendo en conta que o total de mortes diarias por calquera causa é de aproximadamente 150 000 persoas, as mortes por fame alcanzan o 16 % do total. Un 75 % dos falecidos son nenos menores de cinco meses. O Instituto de desenvolvemento e política alimentaria afirma que a fame negra e as guerras causan só un 10 % das mortes por fame. A maioría das mortes por fame débense a desnutrición crónica. As familias non conseguen suficientes alimentos debido a diferentes causas, como pobreza, guerras ou catástrofes naturais. A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) estima que entre 2011 e 2013 a fame crónica afectou a 842 millóns de persoas no mundo.[4]

En Europa houbo un longo período de fames negras a principios do século XVII. Naquela época as cidades estaban a crecer con rapidez e, nos anos de malas colleitas, os habitantes dos núcleos urbanos con maior poder adquisitivo, podían comprar alimentos mentres gran parte da poboación, entre ela os propios agricultores, non podían.

Organizacións de loita contra a fame negra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de fame no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. gran fame no bUSCatermos
  3. "Proxecto Fame". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2009. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  4. "Hunger Portal". Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e Agricultura (en castelán).