Fagáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fagaceae»)
Fagáceas
Fagaceae

Carballo común (Quercus robur)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Hamamelidae
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Dumortier, 1829
Área de distribución das fagáceas
Área de distribución das fagáceas

Xéneros
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

A das fagáceas,[1] cientificamente Fagaceae, é unha familia de plantas anxiospermas pertencente á orde das fagales, que comprede preto de 927 especies coñecidas vulgarmente como carballos e especies afíns, castiñeiros e especies afíns e faias.[2]

Características xerais[editar | editar a fonte]

As fagáceas son árbores e arbustos caducifolios ou perennifolios caracterizados polas súas follas simples, alternas e con nervadura pinnada, flores unisexuais reunidas de amentos e froitos envolvidos, total ou parcialmente, nun invólucro denominado cúpula,[3][4] ou calibio.[5] As follas moitas veces son lobuladas e xeralmente están presentes nelas tanto pecíolos como estípulas. Os froitos carecen de endospermo e encóntranse nunha casca escamosa ou espiñenta (a cúpula) que pode encerrar, ou non, todas as landras, castañas ou os froitos das faias,[6] que poden conter dunha a sete sementes. Nos carballos e especies similares (xénero Quercus), o froito, que xeralmente contén unha soa semente, a landra ou belota, de forma oval e coa casca, na maioría dos casos, é reducida e en forma de cunca. Outros membros da familia teñen as sementes completamente encerradas (como no caso das castañas e dos froitos das faias).

Utilidade[editar | editar a fonte]

A das fagáceas é unha des familias de plantas leñosas máis importantes ecoloxicamente no hemisferio norte, xa que os carballos e similares forman a columna vertebral dos bosques temperados en Europa, América do Norte e Asia, e son unha das fontes máis importantes de alimento para os animais silvestres e algúns domésticos (especialmente para o porco), e en moitos casos, tamén para os humanos. Ademais son unha importante fonte de madeira e, no caso da sobreira, de cortiza.

En Galicia[editar | editar a fonte]

Algunhas das principais especies arbóreas de Galicia son fagáceas: os diferentes tipos de carballos e similares (incluíndo o cerquiño, a sobreira e a aciñeira), o castiñeiro ou a faia. Así mesmo as principais formacións arbóreas do país, como carballeiras, fragas e soutos, están dominados por fagáceas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1829 polo político e botánico belga Barthélemy Charles Joseph Dumortier,[7] na súa obra Analyse des familles des plantes, avec l'indication de principaux genres qui s’y rattachen. Tournay: Imprimerie de J. Casterman, aîné, 104 pp.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Fagacea está formado, segundo a norma, pola raíz Fag- do nome do seu xénero tipo, Fagus, coa adición do sufixo do latín científico -acea, propio do nome das familias dos vexetais.[8][9]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido a familia coñeceuse tamén polos sinónimos:[7][10]

  • Castaneaceae Brenner
  • Quercaceae Martinov

Notas taxonómicas[editar | editar a fonte]

1. A clasificación que aparece no cadro de "Clasificación científica" está de acordo co clásico sistema de Cronquist (1981), no que Hamamelididae era unha subclase de plantas dicotiledóneas (Magnoliopsida) dividida en 11 ordes. Porén, na actualidade, desde o Sistema de clasificación filoxenética APG II (2003) esta subclase 'non existe' «porque constitúe un grupo polifilético»,[11] situación que se mantén no Sistema APG III (2009).

2. Por outra parte, o xénero Nothofagus hoxe está separado das fagáceas, e constitúe por si só a nova familia das notofagáceas (Nothofagaceae).[12] (Véxase tamén "Filoxenia" máis abaixo).

Xéneros[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense, segundo o Reais Xardíns Botánicos de Kew, dentro da familia os seguintes xéneros:[13]

Porén o Sistema Integrado de Información Taxonómica só admite:[10]

  • Castanea
  • Castanopsis
  • Chrysolepis
  • Fagus
  • Lithocarpus
  • Quercus

Filoxenia[editar | editar a fonte]

A moderna filoxenia molecular suxire as seguintes relacións filoxenéticas entre os xéneros: [14][15]

Nothofagaceae (Grupo externo)

Fagaceae
Fagoideae

Fagus

Quercoideae

Trigonobalanus

Lithocarpus

Chrysolepis

Quercus pro parte

Notholithocarpus

Quercus pro parte

Castanopsis

Castanea

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. fagáceas no Dicionario da RAG.
  2. Christenhusz, M. J. M.; Byng, J. W. (2016). "The number of known plants species in the world and its annual increase". Phytotaxa (Magnolia Press) 261 (3): 201–217. 
  3. cúpula, 3ª acep. no Dicionario da RAG.
  4. Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3, p. 161.
  5. Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3, p. 161.
  6. Chamados en asturiano fayucus.
  7. 7,0 7,1 Fagaceae Dumort. no GBIF.
  8. Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3, p. 455.
  9. Fagaceae no Merriam-Webster Dictionary.
  10. 10,0 10,1 Fagaceae no ITIS.
  11. Savolainen, V.; M. W. Chase; S. B. Hoot; C. M. Morton; D. E. Soltis; C. Bayer; M. F. Fay; A. Y. De Bruijn; S. Sullivan & Y.-L. Qiu (2000): "Phylogenetics of flowering plants based on combined analysis of plastid atpB and rbcL gene sequences". Syst. Biol. 49: 306-362.
  12. Nothofagus Blume en Tropicos. Consultada o 13 de xullo de 2020.
  13. World Checklist of Selected Plants Families. KewScience. Consultado o 6 de xullo de 2020.
  14. Manos P. S.; Cannon C. H. & Oh, S.-H. (2008): "Phylogenetic relationships and taxonomic status of the paleoendemic Fagaceae of Western North America: recognition of a new genus, Notholithocarpus" Arquivado 20 de marzo de 2017 en Wayback Machine. Madroño 55 (3): 181–190.
  15. Xiang, X.-G.; Wang, W.; Li, R.-Q.; Lin, L.; Liu, Y.; Zhou, Z.-K.; Li, Z.-Y. & Chen, Z.-D. (2014): "Large-scale phylogenetic analyses reveal fagalean diversification promoted by the interplay of diaspores and environments in the Paleogene". Perspectives in Plant Ecology, Evolution and Systematics 16 (3): 101–110.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Govaerts, R. et al. (2014): Fagaceae, en World Checklist of Selected Plant Families. The Board of Trustees of the Reais Xardíns Botánicos de Kew. Consultado o 4 de xullo de 2020.
  • Tropicos Org. (2020): Fagaceae Dumort.. Consultada o 4 de xullo de 2020.
  • Wolfe, Jack A. (1968): "Paleogene biostratigraphy of nonmarine rocks in King County, Washington". U.S. Geological Survey Professional Paper 571.
  • Wolfe, Jack A. & Wehr, Wesley C. (1987): "Middle Eocene Dicotyledonous Plants from Republic, Northeastern Washington". United States Geological Survey Bulletin 1597: 13.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]