Fabricio Agosto Ramírez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fabri
Información persoal
Nome Fabricio Agosto Ramírez
Nacemento 31 de decembro de 1987 (36 anos)
Lugar de nacemento Vecindario
Altura 1,80 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Mallorca
Carreira xuvenil
2003–2005 Vecindario
2005–2006 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2008 Deportivo B 54 (0)
2007–2009 Deportivo da Coruña 6 (0)
2009–2011 Valladolid 1 (0)
2010–2011Recreativo (cedido) 40 (0)
2011–2013 Betis 17 (0)
2013–2016 Deportivo da Coruña 37 (0)
2016–2018 Beşiktaş 66 (0)
2018– Fulham 2 (0)
2019–Mallorca (cedido) 0 (0)
Selección nacional
2007 España sub-20 1 (0)
Na rede
UEFA: 250002154 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 19 de maio de 2018.
editar datos en Wikidata ]

Fabricio Agosto Ramírez, máis coñecido coma Fabricio ou Fabri, nado nas Palmas de Gran Canaria o 31 de decembro de 1987, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu equipo actual é o RCD Mallorca da Liga Santander.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa carreira coma porteiro iniciouse no UD Vecindario da súa illa natal onde xogaría dúas tempadas entre 2003 e 2005. O Deportivo da Coruña, que tiña subscritos naquela altura unha serie de acordos co club insular, decidiu na campaña 2005–06 contratar ao xove porteiro para que se incorporara ao seu equipo xuvenil.

Só unha temporada máis tarde, a 2006–07, Fabricio pasou ao Deportivo B, filial do equipo coruñés, onde xogaría as dúas seguintes. Na última destas temporadas, a polémica suscitada entre os dous porteiros do primeiro equipo, Gustavo Munúa e Dudu Aouate, logo de que o primeiro batese no segundo no contexto dunha liorta entre ambos, proporcionoulle ao canario unha oportunidade na Primeira División. O seu debut coma titular do primeiro equipo produciuse o 13 de xaneiro de 2008, nunha derrota contra o Villarreal CF no estadio El Madrigal. Fabricio aínda disputou varios partidos oficiais máis ata que no mes seguinte os dous porteiros implicados na liorta puideron reincorporarse á disciplina do primeiro equipo, regresando o canario ao filial.

Porén, as súas actuacións durante esta temporada gañáronlle a confianza do adestrador do Deportivo, Miguel Ángel Lotina, permitíndolle na tempada 2008–09 incorporarse ao primeiro equipo. Mais a polémica chegou a mediados desta campaña cando, tras unha sanción do porteiro titular, Dani Aranzubia, e logo dunha conversa entre o adestrador e Fabricio, estes chegaron ao acordo de que o canario non xogase coma titular, recorrendo Lotina ao ata entón condenado ao ostracismo, Munúa. No fondo do asunto estarían unhas supostas condicións no contrato do porteiro co Deportivo, segundo o cal, no caso de disputar este un número determinado de partidos co primeiro equipo habíase producir unha renovación automática cunhas condicións económicas que, ao parecer, non satisfacían a Fabricio. Tamén influirían, segundo certos rumores, os supostos intereses doutros clubs de Primeira en fichar a Fabricio.

En 2009 firmou co Real Valladolid un contrato por dúas tempadas (até o 30 de xuño de 2011) con opción a prolongarse. Na campaña 2010–11 foi cedido ao Recreativo de Huelva, aínda que o Real Valladolid resérvase o dereito a repescalo ao final da tempada coa renovacion do xogador até xuño de 2012.

De cara á tempada 2011–12 fichou polo Real Betis, tras o ascenso do club a Primeira División.

Deportivo[editar | editar a fonte]

Na tempada 2013–14 chegou ao Deportivo da Coruña, club do seu debut, coa carta de liberdade baixo o brazo, para loitar polo posto de porteiro titular con Germán Lux.

O 4 de decembro de 2015 foi operado con éxito no seu xeonllo esquedo, logo dunha recaída na súa lesión.[1] Estará de baixa uns seis ou sete meses.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fabricio fue operado con éxito esta tarde en Barcelona". Deportivo da Coruña. 4 de decembro de 2015.  (en castelán)
  2. "Fabricio será operado de una rotura del ligamento cruzado". Marca. 3 de decembro de 2015.  (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]