Estreito da Tartaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O estreito de Tartaria conecta o mar de Ojostsk co mar do Xapón.

O estreito de Tartaria (Golfo de Tartaria, e Golfo tártaro ou Estreito tártaro, para os xaponeses estreito de Mamiya e para os rusos estreito de Nevelskoi) é un estreito no océano Pacífico que separa a illa rusa de Sakhalin do sueste ruso da Asia continental, conectando ao mar de Okhotsk co mar do Xapón. Ten 900 km de lonxitude, entre 4 e 20 m de profundidade, e 7,3 km de anchura no seu punto máis angosto.

O nome Tartaria, que provén dos tártaros, é unha forma arcaica para varios pobos de Asia. Neste caso refírese a varios pobos de Manchuria, que en tempos históricos foi chamada Tartaria Oriental.

No Xapón, o estreito leva o nome de Mamiya Rinzo, que o atravesou en 1808, mentres os autores rusos prefiren darlle o nome do Almirante Nevelskoi, explorador da área en 1848.

"Estreito de Tartaria" (Strait of Tartary) é tamén o nome dun poema de Walter de la Mare, no que fala de Tartaria como terra de Asia no norte da China.

Este estreito foi o lugar polo que os ainus chegaron a Sakhalin (Karafuto) desde a Asia continental.