Estados Unidos de Centroamérica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEstados Unidos de Centroamérica

Localización
Datos históricos
Precedido por
Creación27 de agosto de 1898 Editar o valor em Wikidata
Disolución29 de novembro de 1898 Editar o valor em Wikidata

Os Estados Unidos de Centroamérica, foi o nome que adoptou o 1 de novembro de 1898 a até daquela República Federal de Centroamérica, formada polo Salvador, Nicaragua e Honduras.[1] Durou apenas un mes.

Historia[editar | editar a fonte]

Nos seus inicios estiveron rexidos por un Consello Executivo reunido en Amapala (Honduras), e tiveron unha vida curta e azarosa. O 13 de novembro houbo un golpe militar no Salvador, encabezado polo xeneral Tomás Regalado, quen anunciou axiña que O Salvador abandonaba a federación. O Consello Executivo de Amapala quixo tomar medidas para reprimir o golpe de Regalado, pero non atopou ningún apoio, e o 30 de novembro de 1898 declarou que os Estados Unidos de Centroamérica quedaran disoltos de feito. O 1° de decembro Nicaragua reasumiu a plenitude da súa soberanía, e o 10 de decembro Honduras fixo o mesmo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Constitución Política de los Estados Unidos de Centroamérica". asamblea.gob.ni (en castelán). Goberno de Nicaragua. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de setembro. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]