Estadio Mbombela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 25°27′43″S 30°55′47″L / -25.461888888889, 30.929777777778

Mbombela
Datos
LocalizaciónNelspruit, Suráfrica
Construción
InauguraciónOutubro de 2009
ArquitectoR&L Architects
Custo$140 millóns
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade43.589
PropietarioMunicipalidade de Mbombela
Eventos

O Estadio Mbombela é un estadio de fútbol situado en Mbombela (Suráfrica), construído con motivo da disputa da Copa Mundial de Fútbol de 2010. Atópase 6 km ao oeste de Nelspruit, sendo a pedra angular dun proxecto de recinto deportivo con instalacións de crícket e atletismo, así como outras disciplinas deportivas. A construción comezou en febreiro de 2007, sendo rematado finalmente en outubro de 2009. O seu nome significa literalmente, en lingua swazi, "moitas persoas xuntas nun lugar pequeno".[1]

Situación[editar | editar a fonte]

O Estadio Mbombela sitúase a uns 7 km do centro de Nelspruit, na provincia de Mpumalanga, a 12 km do Aeroporto Internacional Kruger-Mpumalanga. Nas súas proximidades hai varios parques naturais, incluíndo o Parque Nacional Kruger, o coto de caza máis grande do país.

Características[editar | editar a fonte]

Este estadio supuxo un importante impulso ás actividades deportivas da provincia de Mpumalanga, que non dispuña de ningunha instalación de categoría internacional. Mbombela Stadium está deseñado cunha forma rectangular lixeiramente curvada. Do seu deseño encargouse a compañía R&L Architects.[2] A súa característica principal son os 18 apoios do teito que se asemellan a xirafas. O estadio está preto do Parque Nacional Kruger, polo que se considerou oportuno reflectir esta relación.[1]

A bancada está dividida en tres niveis, contando con aproximadamente 20.000 localidades o nivel inferior e o superior e unhas 5.000 o nivel medio. O teito, de 1.450 toneladas, abarca unha superficie de 22.500 , e cubrirá o 95% das localidades. É dun material transparente para facilitar a iluminación e frota (suxeito polos soportes-"xirafa") sen ancoraxe á parte superior do estadio, cun oco de 6 m. para proporcionar ventilación.

Copa do Mundo 2010[editar | editar a fonte]

Partidos[editar | editar a fonte]

O Estadio Mbombela albergou durante o campionato catro encontros, todos correspondentes á fase de grupos. Os partidos disputados foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
16 de xuño Primeira rolda Honduras
0 - 1
Chile Chile
32.664
20 de xuño Primeira rolda Italia Italia
1 - 1
Nova Zelandia
38.229
23 de xuño Primeira rolda Australia Australia
2 - 1
Serbia
37.836
25 de xuño Primeira rolda Corea do Norte
0 - 3
Costa do Marfil Costa do Marfil
34.763

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "FIFA: Mbombela". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2010. 
  2. "R&L Architects: Mbombela 2010 Stadium.". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2010. Consultado o 11 de xuño de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]