Estación de Castejón de Ebro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°10′22″N 1°41′33″O / 42.172855, -1.69258

Castejón de Ebro
SituaciónCastejón (Navarra)
Servizos
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaRexional Exprés

Castejón de Ebro é unha estación ferroviaria situada no municipio español de Castejón, en Navarra. É un importante nó ferroviario da rede aínda que o peche ao tráfico de liña Soria-Castejón na década dos 90 e o conseguinte desvío do tráfico radial por Zaragoza fixéronlle perder peso. Aínda así conserva unha ampla praia de vías. Dispón de servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

Na estación conflúen as seguintes liñas férreas de largo ibérico:

  • Liña férrea Soria-Castejón (parte da liña 202), punto quilométrico 103,0. A devandita liña deixou de prestar servizo no ano 1996 aínda que non está oficialmente pechada.
  • Liña férrea Bilbao-Casetas (liña 700) por Logroño e Miranda de Ebro, punto quilométrico cero.
  • Liñas férrea Castejón-Altsasu (liña 710) na súa sección de Zaragoza a Castejón de Ebro, punto quilométrico 93,7.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 16 de maio de 1861 coa apertura do tramo Tudela-Caparroso da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía del Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.[1] Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarriles de Zaragoza a Pamplona y Barcelona.[2] En 1863, a liña Castejón-Bilbao impulsada pola Compañía del Ferrocarril de Tudela a Bilbao sumouse á anterior convertendo a localidade en nó ferroviario.[3] En 1878, todas estas compañías remataron absorbidas por Norte.

En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración de Norte na recentemente creada Renfe. Ese mesmo ano púxose en funcionamento a Castejón-Soria, liña de vía única, sen electrificar que pretendía acurtar os traxectos entre Madrid e Pamplona.

Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é o titular das instalacións ferroviarias.

A estación[editar | editar a fonte]

Sitúase ao norte do centro urbano. Posúe un amplo edificio para viaxeiros formado por unha estrutura de dúas plantas, de base rectangular, de aspecto clásico e simétrico. Forma unha especie de illa rodeado por un gran número de vías. Posúe cinco plataformas, dúas a cada lado do edificio e outras tres centrais. A estas últimos accédese grazas a varios pasos subterráneos. O complexo ferroviario conta ademais, cunhas vinte vías, moitas delas mortas. Nunha destas vías consérvase en non demasiado bo estado de conservación un prototipo de RENFE coñecido como o platanito.

Dispón de venda de billetes, punto de información, sala de espera, aseos e servizos adaptados para as persoas con discapacidade. No exterior, nun dos laterais do edificio de viaxeiros existe un aparcadoiro habilitado.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 8 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla Pamplona 3/4 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro Bilbao-Abando 2 trens diarios por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 8 de xullo de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
22 Rexional Exprés Zaragoza-Delicias <> Logroño
Castejón de Ebro
26 Rexional Exprés Zaragoza-Delicias <> Pamplona-Iruña
Vitoria-Gasteiz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Memoria de FZP páxina 3, froito da Xunta Xeral de Accionistas celebrada o 8 de xuño de 1861.
  2. Zaragoza a Pamplona e Alsasua Arquivado 15 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. spanishrailway
  3. "Castejón de Ebro á Bilbao (vía Logroño y Miranda de Ebro)". Spanish Railway (en castelán). Consultado o 2022-04-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]