Escáridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un exemplar nos arrecifes de coral do Mar Vermello

Os escáridos (Scaridae, Rafinesque 1810), tamén chamados peixes papagaios[Cómpre referencia] son unha familia de peixes mariños tropicais incluída na suborde Labroidei, da orde dos Perciformes. O nome procede do grego σκάρος skáros, que significa saltar, debido á súa capacidade para saltar e golpear coa cola.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Presentan unha dentición particular, formada por numerosos dentes agrupados nun paquete compacto cunha estrutura que lembra á do peteiro dun papagaio, á que deben o nome común de peixes papagaios. Esta especie de pico sérvelles para roer o coral e as rochas, pois se alimentan das algas que se fixan nestes soportes, ademais dos pequenos invertebrados que poidan agocharse entre as ramas do coral.

Na aleta dorsal teñen 9 radios espiñosos e 10 brandos. Na anal, 3 e 9 respectivamente. Na caudal, 11 radios ramificados.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

A maioría son especies tropicais, que viven en arrecifes de coral do mar Vermello, océano Atlántico, Índico e Pacífico.

Parece ser común o cambio de sexo, cunha fase inicial formada por machos e femias e unha fase terminal como machos, na que adquiren as cores brillantes.

Pola cor vistosa que adoitan ter estes peixes, son moi apreciados para a súa cría en acuarios, se ben o seu mantemento é realmente difícil, de lento crecemento.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A familia divídese en 10 xéneros cunhas 90 especies.

  • Xénero Bolbometopon
  • Xénero Calotomus
  • Xénero Cetoscarus
  • Xénero Chlorurus
  • Xénero Cryptotomus
  • Xénero Hipposcarus
  • Xénero Leptoscarus
  • Xénero Nicholsina
  • Xénero Scarus
  • Xénero Sparisoma

Véxase tamén[editar | editar a fonte]