Escudo dos Países Baixos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo dos Países Baixos
Escudo dos Países Baixos

O escudo dos Países Baixos tamén é o brasón persoal do monarca holandés. Contén os mesmos elementos desde 1813, cando Guillerme I (primeiro rei dos Países Baixos), elixiu unha combinación do antigo escudo da Casa de Nassau e do escudo da República.

Real Decreto[editar | editar a fonte]

Actualmente o escudo está descrito polo Real Decreto de 23 de abril de 1980 que non introduciu modificacións. Texto do Real Decreto de 23 de abril de 1980:

  • Artigo 1: O escudo de armas do Reino dos Países Baixos, así como o Noso e o dos nosos sucesores, os Reyes dos Países Baixos é azur, salpicado de ouro, cun león rampante arrestado de ouro portando dunha coroa de ouro aberta de tres follas e dúas perlas nas puntas, linguado e uñado de goles, levando na garra destra unha espada de prata con empuñadura de ouro e na garra sinistra un feixe de sete frechas de prata con puntas de ouro, atadas cun lazo de ouro.
  • Artigo 2: O escudo leva os seguintes ornamentos exteriores: para cimar o escudo, a coroa real neerlandesa; para soster o escudo, dous leóns de ouro, linguados e uñados de goles; e a lema "Je maintiendrai" (Mantereime) en letras de ouro sobre unha cinta azur.
  • Artigo 3: O escudo descrito no artigo 1, provisto dos seus ornamentos exteriores, pode ir colocado sobre un manto real de púrpura, gornecido de ouro e forrado de armiño, alzado con cordas de ouro que terminan en borlas do mesmo metal e cimado cun baldaquino de púrpura, reberetado de ouro sobre o que descansa a coroa real.