Escudo de Exipto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Exipto.

O escudo de Exipto foi adoptado en 1958 durante a formación da República Árabe Unida. É unha aguia de ouro aclarada de sable que sostén sobre o seu peito un escudo coas cores da bandeira nacional colocadas nun pau. A aguia repousa sobre unha fita na que pode lerse a denominación oficial do país, escrita en caligrafía cúfica.