Escudo da República do Congo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo da República do Congo
Detalles
ArmigerRepública do Congo
Adoptado1991 (por vez primeira en 1960)
CristaUnha coroa dourada coa lenda RÉPUBLIQUE DU CONGO
EscudoOuro cun león rampante en goles termando dun facho en sabre e chamas en goles
AlicerceDous elefantes africanos en sabre
DivisaUnité, Travail, Progrès ("Unidade, Traballo, Progreso")

A escudo de armas da República do Congo está formado por un león vermello rampante que terma dun facho. A cor do fondo do escudo é dourada cunha liña verde, ondulante e horizontal que discorre polo medio. Enriba do escudo hai unha coroa de ouro. Dous grandes elefantes africanos son os alicerces do escudo. Unha franxa co lema nacional "Unité Travail Progrès" ("Unidade, Traballo, Progreso" traducido de "La Congolaise") está pendurada dunha franxa que terma dos elefantes.

O escudo foi adoptado en 1960, e foi adoptado de novo en 1991 despois de ser substituído por un símbolo non heráldico durante a era da República Popular do Congo, entre 1970 e 1991.

Galería[editar | editar a fonte]