Escola neogramática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Universidade de Leipzig sobre o 1900

Os Neogramáticos (en alemán Junggrammatiker) foron un grupo de lingüistas alemáns da Universidade de Leipzig que, a finais do século XIX, deron un notábel impulso ao desenvolvemento da indoeuropeística ata chegar a definir unha primeira reconstrución do indoeuropeo, definida nos decenios seguintes como reconstrución "clásica" e definitivamente sintetizada na monumental Grundriß der vergleichenden Grammatik der indogermanischen Sprachen (1897-1916) de Karl Brugmann.

Ao movemento tamén se fai referencia coa expresión Escola neogramática e Escola de Leipzig

Expoñentes da escola[editar | editar a fonte]

Os neogramáticos foron:

Á escola neogramática tamén se adoitan asociar os estudos de Otto Behaghel, Adolf Noreen e Karl Verner.

Principios teóricos[editar | editar a fonte]

Os Neogramáticos, inspirados polas investigacións contemporáneas no campo da filoloxía xermánica que arribaron á definición da Lei de Grimm e da Lei de Verner, identificaron unha serie de leis que regulaban as relacións fonéticas no paso do indoeuropeo reconstruído ás linguas indoeuropeas históricas; ten especial relevo a Lei de Leskien, segundo a cal o cambio fonético, en igualdade de condicións, se produce sempre co mesmo resultado, sen excepcións. Ademais, os Neogramáticos introduciron tamén os principios, complementarios á Lei de Leskien, da analoxía e do préstamo[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Francisco Villar, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, pp. 213-221, 340.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Fontes primarias[editar | editar a fonte]

Literatura historiográfica[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]