Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°25′55″N 08°38′56″O / 42.43194, -8.64889

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Vista do centro
Universidade: Dependente da Xunta de Galicia
Localización: Pontevedra
Campus: Pontevedra
Enderezo: Rúa do Xeneral Martitegui, 1
36002
Ano de fundación: 17 de outubro de 1991
Decano: Carmen Lorenzo Rivera (directora)
Docentes: 20
Estudantes: máis dun centenar[1]
Teléfono: +34 886 159 735
Correo electrónico: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.es
Páxina web: http://www.escolaconservacion.gal

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (ESCRBBCCG) é un centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Ten a súa sede en Pontevedra, no antigo Cuartel de San Fernando, o mesmo edificio que a Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

É a única Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia e do noroeste peninsular e é a segunda escola de restauración máis antiga de España.[2][3][4]

Historia[editar | editar a fonte]

A escola ofrece estudos superiores de conservación e restauración desde o 12 de xaneiro de 1992. A creación da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia en Pontevedra remóntase a 1991 co Decreto 352/1991, do 17 de outubro (DOG do 24 de outubro).[5][6]

Entre decembro de 1994 e xaneiro de 1995 finalizou a reforma do antigo cuartel de San Fernando destinado a albergar a Escola Superior Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. En 1995 a escola trasladouse ao edificio.[7]

Titulación[editar | editar a fonte]

O centro imparte estudos superiores en Conservación e restauración dende 1991. Na actualidade pódese cursar nesta escola o Título Superior en Conservación e Restauración de Bens Culturais (equivalente a grao universitario, a tódolos efectos). O título ten unha duración de catro anos, sendo os dous primeiros anos comúns e os dous últimos anos de especialidade. As tres especialidades que se imparten neste centro son conservación-restauración de bens escultóricos, conservación-restauración de bens pictóricos e conservación-restauración de bens arqueolóxicos.[8][9]

Os dous primeiros anos de estudos céntranse nas técnicas de conservación e restauración, cun estudo de bioloxía, física e química relacionadas coa restauración e a historia da arte. Nos dous últimos anos realízase unha especialización segundo a opción elixida, na que se profunda na técnica e a teoría de cada apartado.

Admisión[editar | editar a fonte]

A escola é pública e esixe un título de bacharelato e un exame de ingreso específico. O exame consta de dous partes: unha análise textual (relacionado coas materias da escola) e un exame de artes plásticas (por exemplo, que unha cor degrádese en tres fases utilizando branco).[10]

Instalacións[editar | editar a fonte]

O grande edificio da escola é o antigo cuartel neoclásico de San Fernando, obra do arquitecto Bonifacio Menéndez Conde, construído entre 1906 e 1909 e reformado en 1994 polo arquitecto César Portela Fernández-Jardón para converterse en sede da escola superior e albergar os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

A biblioteca da escola conta con máis de 9.000 volumes, dos cales case 6.000 foron doados en xullo de 2020 polos herdeiros do médico Manuel Carballal Lugrís, que viviu en Pontevedra.[11]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Escola de Restauración cuenta con un nuevo equipo de análisis de material para trabajo de campo". Pontevedra Viva (en castelán). 23 de setembro de 2021. 
  2. "Los "médicos" del patrimonio quieren ser universitarios". Cadena SER (en castelán). 3 de xuño de 2018. 
  3. "La Escola de Restauración se adelanta al día europeo con una jornada de puertas abiertas". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 2019. 
  4. "Restauran en Pontevedra piezas de modelos anatómicos de diversos animales". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de marzo de 2022. 
  5. "DECRETO 352/1991, de 17 de octubre, por el que se crea la Escuela Superior de Conservación y Restauración de Bienes Culturales de Galicia, con sede en Pontevedra". Xunta de Galicia (en castelán). 24 de outubro de 1991. 
  6. "El conselleiro destaca los 30 años de labor en favor del patrimonio de la Escola de Restauración". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de novembro de 2021. 
  7. "La Escola de Restauración inicia su andadura en Poio". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xaneiro de 2018. 
  8. "Alumnos de Pontevedra restauran una imagen en piedra de la virgen de la Asunción del siglo XVIII". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de marzo de 2022. 
  9. "La Escola de Restauración cuenta con un nuevo equipo de análisis de material para trabajo de campo". Pontevedra Viva (en castelán). 23 de setembro de 2021. 
  10. "¿Qué quiero estudiar? Conservación e restauración: Pintura". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2022. Consultado o 11 de decembro de 2022. 
  11. "Una donación de casi 6.000 libros triplica los fondos de la Escola de Restauración". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]