Escala cromática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
noicon]]
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. Shí èr lǜ on C.mid Reproducir en afinación pitagórica

A escala cromática en música é unha escala que contén doce notas separadas a distancia dun semitón. Como resultado, no temperamento igual de 12 notas (o temperamento máis común na música occidental), a escala cromática cubre todas as alturas dispoñibles. Todas as outras escalas da música occidental tradicional son subconxuntos desta escala.[1][2][3]

Nun piano actual ou noutro instrumento afinado en temperamento igual, todos os semitóns son do mesmo tamaño (100 cents): as notas dunha escala cromática en temperamento igual encóntranse a distancias exactamente iguais as unhas das outras. Unha escala cromática en temperamento igual é unha escala non diatónica que carece de tónica debido á simetría das súas notas equidistantes.[4]

A concepción máis común da escala cromática antes do século XIII era a escala cromática pitagórica. Debido a unha técnica de afinación diferente, os doce semitóns nesta escala presentan dous tamaños lixeiramente diferentes. En consecuencia, a escala non é perfectamente simétrica. Moitos outros sistemas de afinación desenvolvidos nos séculos seguintes, comparten unha asimetría similar. As alturas equidistantes unicamente son proporcionadas polos sistemas de afinación do temperamento igual, que son amplamente empregados na música contemporánea.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo "cromático" (do latín chromatĭcus e este do grego χρωματικός [kromatikós])[5] deriva da palabra grega chroma, que significa ‘cor’.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Randel, Don Michael (2003). The Harvard Dictionary of Music (en inglés). Harvard University Press. pp. 175–176. 
  2. Pérez Gutiérrez, Mariano (1985). Diccionario de la música y los músicos (en castelán) 1. Akal. pp. 319, 386. 
  3. Berle 2003, p. 85.
  4. Benward, Bruce; Saker, Marilyn (2003). Music in Theory and Practice (en inglés) 1. McGraw-Hill. p. 47. 
  5. A palabra "cromático" vén do latín chromatĭcus, e este do grego χρωματικός "cromático". ; pola súa banda "cromatismo" vén do grego χρωματισμός, de χρωματίζειν, colorar "cromatismo". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Específica
Xeral