Ernesto Alterio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ernesto Alterio
Nome completoErnesto Federico Alterio
Nacemento25 de setembro de 1970
LugarBuenos Aires
NacionalidadeArxentina e España
PaiHéctor Alterio
Cónxuxe(s)Juana Acosta
Profesiónactor, actor de televisión e actor de cinema
Na rede
IMDB: nm0022764 Allocine: 21437 Allmovie: p237217 TCM: 565842
Discogs: 2486491 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ernesto Federico Alterio Bacaicoa, nado en Buenos Aires o 25 de setembro de 1970, é un actor arxentino residente en España. É fillo do actor Héctor Alterio e irmán da actriz Malena Alterio, e está casado coa tamén actriz Juana Acosta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu na Arxentina, instálase en España coa súa familia sendo moi novo debido ó exilio que sofre o seu pai Héctor Alterio polas súas ideas progresistas e o seu activismo político de esquerdas tralo golpe de estado no seu país natal.

Tiña intención de cursar estudos de Bioloxía, pero finalmente comezou a carreira de Historia, que abandonaría pola súa vocación artística. Matriculouse na popular escola de Arte Dramática de Cristina Rota, onde coñeceu a outros actores de éxito do cine español actual como Nathalie Poza, Guillermo Toledo ou Alberto San Juan, co que formou a compañía Ración de Oreja en 1996. Coñecería tamén a Andrés Lima, que tiña o seu propio grupo de actores. Deciden fusionar ambos en Animalario, gran canteira de actores de gran fama en España e compañía caracterizada polas súas funcións críticas coa realidade social do seu tempo, coma Que te importa amor o El fin de los sueños.

A súa carreira cinematográfica comeza a destacar polos seus traballos en películas coma Mi nombre es sombra, Tengo una casa, Morirás en Chafarinas,Belmonte, Más amor que frenesí ou Dos por dos entre outras. Los años bárbaros de Fernando Colomo foi o seu primeiro protagonista en cine, xunto a Jordi Mollà e Juan Echanove.

Repetiría con Colomo en El cuarteto de La Habana, papel que lle valeu unha candidatura ó Premio Goya ó mellor actor revelación.

Los lobos de Washington, de Mariano Barroso, Insomnio de Chus Gutiérrez, ou Salvador Dalí de Carlos Saura son algúns títulos posteriores destacados na súa filmografía, pero a quen sen dúbida lle reportou maior fama foi El otro lado de la cama, película de Emilio Martínez Lázaro.

En televisión fixo colaboracións episódicas en series como El joven Picasso, Lleno por favor, Colegio mayor, Los ladrones van a la oficina e Todos los hombres sois iguales.

O seu primeiro e único papel protagonista neste medio ata o momento foi na coprodución hispanoarxentina Vientos de agua (2005), un éxito de crítica pero fracaso de audiencia no que compartiu traballo co seu pai, interpretando ambos o mesmo personaxe en distintas épocas da súa vida.

Actor comprometido, en 1998 asinou un manifesto para o cesamento da limpeza étnica de Slobodan Milošević, dos bombardeos da OTAN e a substitución das forzas militares e grupos armados en Kosovo por unha paz composta por cascos azuis mandados pola ONU. Pere Ponce, Santiago Ramos, Alberto San Juan, Julieta Serrano, Pilar Bardem, Fiorella Fantoyano, Manuel Galiana, Juan Diego Botto, María Botto, Juan Luis Galiardo, Juan Diego, Amparo Valle foron outros actores que tamén apoiaron estas causas.

En canto á súa vida persoal, a súa parella é a actriz Juana Acosta, coa que tivo a súa primeira filla, chamada Lola, en 2006.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Ano Título Director
1995 Tengo una casa Mónica Laguna
Belmonte Juan Antonio Bollaín
Dos por dos Eduardo Mencos
Morirás en Chafarinas Pedro Olea
1996 Más que amor, frenesí Alfonso Albacete, David Menkes e Miguel Bardem
Mi nombre es sombra Gonzalo Suárez
1998 Los años bárbaros Fernando Colomo
Insomnio Chus Gutiérrez
1999 Los lobos de Washington Mariano Barroso
Cuarteto de la Habana Fernando Colomo
2000 Kashbah Mariano Barroso
2001 Buñuel y la mesa del rey Salomón Carlos Saura
2002 Deseo Gerardo Vera
El otro lado de la cama Emilio Martínez Lázaro
2003 Días de fútbol David Serrano
2004 Muertos comunes Norberto Ramos del Val
Incautos Miguel Bardem
2005 Semen, una historia de amor Inés París e Daniela Fejerman
El método Marcelo Piñeyro
2006 Los 2 lados de la cama Emilio Martínez Lázaro
2008 Rivales Fernando Colomo
Lluvia Paula Hernández
2009 Las viudas de los jueves Marcelo Piñeyro
2011 Amigos Borja Manso
El sueño de Iván Roberto Santiago
Infancia clandestina Benjamín Ávila
2012 La montaña rusa Emilio Martínez Lázaro
2013 ¿Quién mató a Bambi? Santi Amodeo
2014 El amor y otras historias Alejo Flah
2015 Incidencias José Corbacho e Juan Cruz
2016 Rumbos Manuela Burló Moreno
El traje Alberto Rodríguez
2017 Perfectos desconocidos Álex de la Iglesia
2018 A sombra da lei Daniel de la Torre
2019 Lo dejo cuando quiera Carlos Therón
2019 Ventajas de viajar en tren Aritz Moreno
2020 Te quiero, imbécil Laura Mañá
Un mundo normal Achero Mañas
Crónica de una tormenta Mariana Barassi
Orígenes secretos David Galán Galindo
2021 Donde caben dos Paco Caballero
El cuarto pasajero Álex de la Iglesia

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Canle
1993 Los ladrones van a la oficina Fernando Antena 3
1994-1995 Colegio Mayor Carlos Telemadrid
1996 Todos los hombres sois iguales Mariano Telecinco
2006 Vientos de agua José Olaya Telecinco / El Trece
2009 La chica de ayer Samuel Santos Antena 3
2011-2012 Marco, la historia de un niño Carlos Gómez Antena 3
2017-2018 Las chicas del cable Sebastián Uribe Netflix
2018 Narcos: Mexico Salvador Osuna Nava Netflix
2020 Alguien tiene que morir Gregorio Falcón Netflix
2021 Todos mienten Diego Movistar+
2022 Santa Evita Moori Koening Star+

Teatro[editar | editar a fonte]

Ano Obra de teatro
1987 Muelle del oeste
1988 La boda
1996 Animalario
Qué te importa que te ame
1997 El fin de los sueños
2001 Rosencratz y Guilderstein han muerto
2008 Edipo rey (Festival de teatro de Mérida)
2011 Yo, el heredero
2015 Atchusss

Premios[editar | editar a fonte]

Fotogramas de Plata[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2003 Fotogramas de Plata ó mellor actor de cine Días de fútbol Candidato

Círculo de Escritores Cinematográficos[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2005 Mellor actor secundario El método Candidato

Unión de Actores[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2003 Mellor actor protagonista de cine Días de fútbol Candidato
2002 Mellor actor protagonista de cine El otro lado de la cama Candidato
1995 Mellor intérprete secundario de cine Tengo una casa Candidato

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2003 Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista Días de fútbol Candidato
1998 Premio Goya ó mellor actor revelación Los años bárbaros Candidato

Véxase tamén[editar | editar a fonte]