Epitalamio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O epitalamio (do grego, sobre + leito nupcial) é un subxénero da lírica consistente en composicións referidas a vodas. Foi cultivado na Grecia Clásica, e foi posteriormente imitado na Roma Antiga. Adoitaban cantarse á porta da habitación dos noivos por coros de mozos e doncelas acompañados de frautas e outros instrumentos suaves e harmoniosos.

Historia[editar | editar a fonte]

Os epitalamios ou cantos nupciais estaban xa en uso entre os hebreos nos tempos do rei David. Na Grecia Clásica comezou sendo unha sinxela aclamación ao deus Himeneo, cuxa palabra pasou a ser un accesorio do epitalamio, intercalando o seu nome no poema, expresando así o coro os votos a favor dos desposados. Compuxeron epitalamios Safo, Calímaco e Hesíodo, que fixo un para a voda de Tetis e Peleo.

O epitalamio latino iniciábase coa aclamación do deus das vodas Talasio. Mais despois dábase paso a versos fesceninos, con groserías e obscenidades, que estiveron en uso até o tempo de Catulo. Este poeta foi o primeiro dos latinos en tomar por modelo a Safo, substituíndo Talasio por Himeneo e mellorando a calidade dos epitalamios.

Trala idade media o xénero foi reabsorbido con outros de inspiración clásica polo Renacemento.

Un exemplo son as Letrillas de los labradores gallegos a los regios esposorios, unhas coplas en lingua galega de autoría descoñecida, que tratan sobre o matrimonio entre Fernando VII de España e María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1829.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]