Entretemento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coñécese como entretemento ao conxunto de actividades que permite aos seres humanos empregar o seu tempo libre para divertirse, evadindo temporalmente as súas preocupacións.

O entretemento forma parte da ampla familia do lecer e converteuse nun sector florecente da actividade económica, especialmente a través dos parques temáticos e de atraccións, os medios de comunicación e as industrias do cine, a música ou os videoxogos.

O termo «entretemento» é de orixe latina. Comezou a utilizarse en Europa a finais do século xv en relación coa acción financeira de desviar en beneficio propio bens alleos. Con posterioridade, tal acepción deu paso á de «desviar a atención» en xeral, asociándose logo á idea de pracer e de lecer.

En 1662, o filósofo francés Blaise Pascal elaborou un reputado estudo sobre o entretemento que foi publicado en 1670 nos seus «Pensamentos», desenvolvendo a idea contraditoria de que é necesario que o home se distraia e, por tanto, se á parte do esencial ou tamén o podemos utilizar de acordo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]