Endriago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O endriago (palabra formada do cruzamento de hidria, hidra, e drago, dragón) é un personaxe literario que é un monstro cruzamento de home, hidra, serpe de varias cabezas e dragón. Caracterízase tamén por unha gran estatura, lixeireza de movementos e condición bestial. É un dos inimigos aos que se ten que enfrontar Amadís de Gaula. A súa natureza infernal está precisada na descrición que se fai da súa morte na novela:

Antes que el alma le saliese, salió de su boca el diablo, e fue por el aire con muy gran tronido.