El Orzán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Orzán
Diario independente

Primeira páxina do xornal no seu primeiro día de publicación o 1 de febreiro de 1918.
Fundación1 de febreiro de 1918
Remata17 de xullo de 1932
TendenciaMonárquica
Lingualingua castelá
LocalidadeA Coruña
PeriodicidadeXornal
SecciónsEl Noroeste
Na rede
BVPH: 9004
editar datos en Wikidata ]

El Orzán, foi un xornal galego editado na Coruña de 1918 a 1932.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario independente, apareceu o 1 de febreiro de 1918. Estivo dirixido por José Pan de Soraluce, Leandro Pita Romero (desde o 1 de maio de 1924)[1] e Victoriano Fernández Asís. Entre os seus colaboradores estaban Picadillo, Alfredo Tella, José Luis Bugallal Marchesi, Eduardo Pérez Hervada, Joaquín Freyre de Andrade, Sebastián Naya e Dámaso Calvo Moreiras. Formado por antigos redactores de El Noroeste, era un xornal de información local de tendencia monárquica e conservadora. Cesou a súa publicación o 17 de xullo de 1932. En febreiro de 1933 apareceu El Día, que se pretendeu o seu continuador.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 2-5-1924, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]