El Intermedio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Intermedio
Formato Humor, crítica e sátira
Duración 55 minutos
Creado por Miguel Sánchez-Romero
Producido por Globomedia
Presentado por Gran Wyoming
Día(s) de emisión De luns a xoves
Horario de emisión (21:30 h - 22:25 h)
Localización(s) Madrid
Cadea laSexta
Día da estrea 30 de marzo de 2006

Na rede
http://www.lasexta.com/programas/el-intermedio/
IMDB: tt0786800 Facebook: elintermedio Twitter: El_Intermedio Editar o valor em Wikidata

El Intermedio é un programa de televisión producido por Globomedia e emitido pola cadea de televisión laSexta. Está presentado por El Gran Wyoming, coa colaboración de Sandra Sabatés, Thais Villas, Dani Mateo, Fernando González "Gonzo" e Usun Yoon. Este programa tamén ten a súa versión en Internet, a través de Second Life.

Historia do programa[editar | editar a fonte]

El Intermedio estreouse o 30 de marzo de 2006. O programa comezou sendo semanal, de dúas horas de duración, e máis tarde pasou a emitirse de luns a xoves, cunha duración diaria de 30 minutos. Unha das características do programa é a actitude crítica coa Igrexa Católica e coa cadea COPE.

Contido[editar | editar a fonte]

Trátase dun espazo de actualidade en clave de humor. No programa non só se narra o acaecido na actualidade, senón que tamén se critica e se parodia como o contan os demais medios de comunicación. Teñen cabida, por tanto, os grandes temas da actualidade semanal, ademais doutros temas. Todo o contido está relacionado co universo dos medios.

Invitados[editar | editar a fonte]

Entre a longa lista dos invitados que recibiu o programa dende a súa estrea están os galegos Pepe Domingo Castaño, Paula Vázquez e Cristina Saavedra entre outros. Tamén estiveron políticos como Carme Chacón, Gaspar Llamazares, Pedro Zerolo, Josep Antoni Duran i Lleida ou José Antonio Labordeta; actores como Elena Ballesteros, Fernando Tejero, Hugo Silva, Michelle Genner, José Coronado, Ariadna Gil, Leonor Watling, Antonio Resines, Malena Alterio ou Belén Rueda; xornalistas como Hilario Pino, Helena Resano ou Mamen Mendizábal e músicos como Pasión Vega, Malú, Alaska e Antonio Carmona.

Seccións[editar | editar a fonte]

  • Lo que España vota, va a Misa.
  • Fritanga de medios: Beatriz Montañez presenta a actualidade diaria con dose de humor
  • Expediente Iker: Cristina Peña satiriza o programa Cuarto Milenio, de Iker Jiménez, emitido pola cadea televisiva Cuatro.
  • Todo sobre mi madre: Yolanda Ramos presenta esta sección na que os telespectadores envían críticas a Wyoming.
  • Ademais de todo isto, Thais Villas e Usun Yoon adoitan facer entrevistas e reportaxes a pé de rúa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]